Este serán, ás 20,30 horas no Polideportivo Municipal terá lugar un partido amistoso entre a selección feminina da República Dominicana e o Balonmán Porriño . O encontro forma parte da preparación que está a realizar o combinado centroamericano que se atopa concentrado en Mondariz na Residencia Cemar. Estárán ata o 16 de xullo para preparar a súa participación nos Xogos Panamericanos que terán lugar a finais de mes no Perú. Na súa estadía e concentración en Mondariz está a colaborar o club Balonmán Porriño.
Este serán terá lugar unha sesión de lectura dramatizada da obra "Arquivos da Realidade", de Julio Fer e Francisco Oti. No escenario habilitado na praza do Concello, a partir das 21 horas. A cargo da escola de teatro Xerpo, dirixida por Irene Moreira.
Paco Martín Micó, presidente da Federación Galega de Baloncesto pasou hoxe pola Alcaldía a saudar a Eva García e reiterar a colaboración dese estamento con Porriño. O presidente atopábase na cidade co gallo do Campus do "Porriño Baloncesto Base". Ó encontro sumaronse David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo. Pasaron revista ás liñas actuais de colaboración e ás que nun futuro poderían manterse entre Federación Galega de Baloncesto e Concello do Porriño.
O Club de Atletismo de Porriño informou que este ano fará coincidir a XIV edición da Carrera de Xóvenes Atletas coa celebración do Memorial "As Agüiñas Diego Salgueiriño".
Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa Eva García realizou unha visita á Comandancia Naval de Tui para agradecer ó seu máximo responsable, o capitán de corbeta Ignacio Tobarra, a colaboración inestimable da Armada no pasado Triatlón Concello do Porriño.
Cunha participación de máis de 220 inscritos, rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, celebrase dende hoxe e ata o 29 de xuño o campus do “Porriño Baloncesto Base” coa colaboración fundamental do Concello do Porriño.
Este fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da "Challenge Rías Baixas" que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23. A proba, organizada polo club "Master da Louriña" cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e "master", homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.
O departamento de Cultura do Concello do Porriño vén de informar do cambio de ubicación do Festival de Combos que terá lugar o sábado 22 a partir das 19 horas. Pasase ó Centro Cultural Municipal. A decisión está motivada polo risco de choiva que desluciría o espectáculo caso de manterse na praza do Concello. O evento está organizado por Maison Escola de Música e Danza
Por outra banda, o departamento de Cultura confirmou que a XI Festa do Chouripan que organiza a AAVV San Benito e San Sebastián mantense o domingo 23 na ubicación anunciada na praza de San Sebastián, a partir das 19,30 horas. Venderase o tradicional chouripán a un prezo de 3 € coa bebida incluída.E a medianoite faráse a fogueira de San Xoán.