O concelleiro, David Alonso e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes comprobaron esta mañán as oito novas máquinas instaladas no ximnasio do Pavillón Municipal de Porriño. A estrea realizaráse o vindeiro luns 2 de setembro. O Concello de Porriño ven de investir 18.000 € na adquisición destas máquinas e diverso material deportivo para os usuarios destas instalacións.O concelleiro de Deportes indicou que as catro máquinas que se retiran serán cedidas a diversos clubs da vila.
No ámbito da programación cultural do Concello do Porriño para o mes de agosto, este xoves 29 haberá un espectáculo de animación infantil. Ás 19 horas, no esceario habilitado na praza Arquitecto Antonio Palacios representaráse a obra "A illa sen tesouro".A posta en escea correrá a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.
David Alonso, acompañado de encargados municipales de obras, revisou no campo de céspede sintético de San Campio, diversas obras de mellora ante o inminente inicio liguero.
Santos Héctor Rodríguez, deputado delegado de Cooperación cos Concellos e as deputadas Iria Lamas e María Victoria Alonso visitaron hoxe as pistas de atletismo en construcción no polígono da Granxa. Esta obra é financíada pola Deputación cun orzamento de 1 millón de euros, a cargo do Plan Concellos 2018/2019.
Trinta e cinco establecementos de hostelería de Porriño participarán na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame gastronómico que organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial Acipor terá lugar o 29 de setembro durante as festas patronais e constitue un dos principais reclamos para milleiros de visitantes que acuden nesas datas a Porriño.
David Alonso ultima diversas novidades para as Festas do Cristo que acollerán concertos, actuacións musicais itinerantes polos barrios e un autobús descapotable cunha banda de música que irá tocando e animando por todas as parroquias do termo municipal.
O Concello de Porriño colabora cunha importante achega económica na celebración das Festas da Virxe da Guía en Atios que arrancaron o pasado sábado e rematarán o xoves.A cooperación do Concello traducese na aportación de palcos, contenedores, vallas, banda de música e labouras previas de desbroce que realizaron as Concellerías de Festas e Limpeza. Unha representacióm do goberno municipal asistirá o 15 de agosto ós actos centrais da festividade. Este ano a comisión organizadora deu a campana coa contratación do dúo "Camela" que actuarán a partires das 22 horas.
A segunda sesión de "Cinema na rúa con flocos de millo" será mañá mércores, a partires das dez da noite, na praza Arquitecto Antonio Palacios. Será ó aire libre agás que mudase a previsión meteorolóxica. Nese caso - como xa ocorrera hai unha semana- pasaríase ó Centro Cultural Municipal.
Unha comitiva municipal encabezada por Lourdes Moure, alcaldesa accidental e David Alonso, concelleiro de Deportes visitaron hoxe o campo de futbol do Folón para comprobar in situ as melloras demandadas polo presidente e directivos de ese club. A principal reivindicación é retirar os postes metálicos que sosteñen as redes para evitar a saída dos balóns tras as respectivas porterías. A proximidade deses postes ó terreo de xogo constitue un risco. “O seu retranqueo é unha prioridade por razons de seguridade que vai ser atendida de inmediato polo Concello”, segundo manifestaron Lourdes Moure e David Alonso.
O departamento de Cultura de Porriño confirma que o espectáculo "Noite de Humor", previsto para esta noite, pasase ó Centro Cultural Municipal á vista da situación meteorolóxica e a previsión para as próximas horas.
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes, colabora para albergar este fin de semana, o Open Nacional de Carreiras de Drons que se desenrolará na pista de aeromodelismo en Pontellas. A organización do evento corre a cargo do club local de aeromodelismo "Furaventos" que deste xeito revalida o seu prestixio a nivel nacional e a súa condición de pioneiros nesta disciplina deportiva.
Á vista da situación meteorolóxica e da previsión para esta noite, o Concello de Porriño comunica que a primeira sesión de "Cinema na rúa con millos de floco" (palomitas) trasladase ó Centro Cultural Municipal.