Publicamos a continuación as bases que determina o Concello do Porriño para a instalación de postos de venda, casetas, atracción e espectáculos para as Festas de San Benito 2019 que se celebrarán os vindeiros días 10, 11 e 12 xullo.
Engadimos tamén para os interesados o documento de solicitude para autorización de ocupación de solo público que os demandantes deberán cumprimentar e presentar ante o Concello de Porriño.
A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño. A actuación a cargo das agrupacións da Escola comezará ás 20 horas. Cando remate o festival entregaránse as notas chamando ós alumnos por cursos.
Finalmente foron 205 os participantes na sexta edición do Tríatlon Concello do Porriño que se disputou con boas condicións meteorolóxicas, a pesares de que a choiva fixo acto de presenza un par de veces, tanto na saída en Tui como despois en Porriño. Pero de xeito pasaxeiro.
A Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros organiza a terceira edición da Festa da Cervexa Artesanal do Val da Louriña. Comezará hoxe venres ás 20 horas coa actuación da escola de gaitas "Agarimo". Logo pasarán polo escenario "The Turre's Band" e "Aragonat Band".
Finalmente son 210 os deportistas inscritos para o Tríatlon Concello de Porriño que se celebrará mañá sábado 8 de xuño. Cun percorrido total de preto de 26 kilómetros que discurrirán dende o río Miño ata a praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do consistorio porriñés onde estará situada a liña de meta.
A sétima edición do Festival de Bandas de Música que organiza a Escola Municipal de Música de Porriño estará adicada ó sétimo arte. Baixo o título "Música & Cine", o concerto ofrecerá pezas de bandas sonoras de películas moi recoñecibles.
A Xefatura da Policía Local informa dos cortes de tráfico así como a prohibición de estacionar nas vías públicas que se mencionan, debido á celebración do VI Triatlón Concello do Porriño que terá lugar na tarde do sábado 8.Adxuntamos os dous carteis informativos distribuídos pola Policía Local para coñecemento xeral de conductores e veciños.
A OMIX do Concello do Porriño , en colaboración coa asociación Vella Escola presenta na plataforma youtube.com a gravación do documental do proxecto QUEROeco (Cultura Urbana co Medio Ambiente). O traballo elaborouse con imaxes do proceso de realización do mural, a súa preparación, entrevista ao artista e aos promotores do proxecto así como aos veciños e participantes.
A exposición "Ilustrando" que se exhibe na praza Arquitecto Antonio Palacios dende onte á tarde, recolle unha selección de viñetas publicadas en “Faro de Vigo” por dous dos mellores humoristas gráficos de Galicia: Luis Davila e Gogue.
A exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibe no Centro Cultural Municipal extendese un día máis xa que inicialmente estaba previsto que pechase na data de hoxe, 2 de xuño, segundo informa o persoal do Centro.
Trece cubos recollerán unha amplia mostra de dous mestres do humor gráfico de Galicia, Luis Dávila e Gogue que os porriñeses teremos a oportunidades de ver e disfrutar a partir de mañá martes 4 de xuño.