As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de do ritmo de inscripcións feitas. O prazo rematará a medianoite do martes 4 de xuño.
Alumnos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria dos colexios da cidade participaron durante estes últimos días na competición escolar de mini basket organizada polo "Porriño Baloncesto Base" (PBB).
O sábado 1 de xuño celebrase a quinta edición do Festival Porriño sobre Rodas que organiza o "Clube Patin Porriño".As actividades desenrolanse dende as 10 da mañán ata as 14 horas e polo serán dende as 17 horas ata as 20 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 1.Por este motivo, a Policía Local cortará e restrinxirá o tráfico na rúa Doantes de Sangue, no treito entre a pista 1 e o colexio, a partir das 9 horas e ata as 21 horas. Voluntarios de Protección Civil realizarán a a vixiancia correspondente.
Eva García confirmou ós organizadores da IV Feira do Pan do Porriño que mañan sábado asistirá á lectura do pregón inaugural do certame na praza de San Benito, a partir das 12 horas. A Alcaldesa xa participou esta mesma semana na presentación provincial do evento que tivo lugar na sé de "Turismo Rías Baixas", en Pontevedra, co amparo da Deputación Provincial.
As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de que hoxe en día hai máis de 150 inscripcións feitas. A inscripción estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba. Lembrar que se trata da sexta edición porque en 2018 non chegou a celebrarse ó decretarse a suspensión da mesma ó coincidir coa explosión de material pirotécnico en Paramos (Tui).
Santos Héctor, deputado delegado de Turismo, no nome da Deputación de Pontevedra invitou a todos cantos poidan acudir á IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Este mediodía celebrouse en Pontevedra, na sé de “Turismo Rias Baixas” a presentación a nivel provincial deste certame que complementou a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistiu Eva García, alcaldesa de Porriño, que lembrou que dende a súa chegada ó goberno municipal “prestamos o noso apoio á ACIPOR e ós panadeiros para celebrar este evento que serve de referencia”.
A Policía Local de Porriño informa que o xoves 30 de maio, a partir das 8 horas da mañan, prohíbese o aparcamento de vehículos na rúa Manuel Rodríguez, dende a intersección coa rúa Xogo da Ola, ata a altura do nº 84 da rúa Manuel Rodríguez. E a partir das 8,30 horas, cortarase o tráfico de vehículos pola citada rúa para comezar a montaxe dos stands para a IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros sábado 1 e domingo 2 de xuño.
Mañan xoves día 30 terá lugar a presentación da VI edición do Triatlón Concello do Porriño que se desenrolará na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 13 horas. A ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega de BTT Master 40, actuará de madriña, invitada polo Concello coa intención de render na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Por esa mesma razón este ano a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.
Deputación de Pontevedra, a través do organismo “Turismo Rías Baixas” acollerá mañan mércores 29, unha nova presentación da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Trátase dunha acción informativa de ámbito provincial que complementará a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistirán Eva García, alcaldesa de Porriño, Santos Héctor, deputado provincial delegado de Turismo e representantes da patronal local ACIPOR e do sector de panaderías de Porriño.
Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa "Corto e cambio". As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de consumos de drogas, alcol e tabaco entre a mocedade porriñesa.
Hoxe xoves, na segunda xornada do Festival de Cans, a meirande parte da actividade de tarde e noite concentrase no entorno do Concello. A partir das 19 horas chegarán a banda de gaitas“Os Zoqueiros” para amenizar a icónica “procesión de chimpíns” que sairá coa comitiva oficial de autoridades e invitados, dende a praza Arquitecto Antonio Palacios. Despois dun percorrido por diversas rúas, a procesión de chimpíns rematará no Círculo Recreativo Cultural onde terá lugar (20 h.) a proxección de “Eroski Paraíso”, coa presenza de Jorge Coira e Xesús Ron, directores da cinta, elenco de actores e outros membros do equipo técnico. No reparto de este filme figuran Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias.
A Xefatura Provincial de Tráfico autorizou o corte de circulación na estrada Nacional 120 co gallo do Festival de Cans, segundo informa a Policía Local de Porriño.