Información sobre a OMIX e ligazóns de interese

A  nosa Oficina Municipal de Información Xuvenil -co nº de rexistro 36-039-six-063 na Rede Galega de Centros de Información Xuvenil- é unha estrutura informativa de carácter municipal que presta servizos de información directamente  aos mozos e mozas do Concello do Porriño e da contorna. 

Ofrecémoslle á mocidade toda aquela información que poida ser de interese para o seu desenvolvemento persoal, prestando un servizo de atención e asesoramento informativo, a través de taboleiros de anuncios e expositores con documentación actualizada sobre temas variados e dun servizo de atención individualizada (presencial, telefónica e por correo electrónico).

Ademais, programamos, elaboramos, organizamos e xestionamos a realización e difusión dos diferentes programas, servizos, obradoiros e actividades dirixidas ás persoas mozas da nosa localidade, centros educativos e público en xeral.

Temos a disposición da mocidade información de interese en temas como:

  • Traballo e formación (recursos para a procura, ofertas...)  
  • Vivenda (axudas, aloxamento para estudantes....)
  • Voluntariado, participación e cooperación (local, internacional, recursos para asociacións....)
  • Actividades culturais e deportivas, e inscricións en campañas e programas para mozos.
  • Excursións, viaxes, exposicións, campamentos, obradoiros, convocatorias de concursos...
  • Información do Carné Internacional de Estudante, Carné Internacional de Profesor/a, Carné Internacional Mozo, Carné de Alberguista, Carné Xove..
  • Outros


Horario de atención ao público: luns e martes de 14:00 a 20:00 horas, mércores xoves e venres de 9:00-15:00 horas.

Domingo Bueno, 9 

Planta baixa

36400- O Porriño

Teléfono: 986 337 624 ext.:1

Correo electrónico: omix@oporrino.org 

Ligazóns de interese

  1. https://www.injuve.es/ 
  2. https://xuventude.xunta.gal/index.php 
  3. https://www.depo.gal/es/xuventude
  4. https://carnexove.xunta.gal/gl 
  5. https://voluntariadogalego.org/ 
  6. https://xuventude.xunta.gal/gl/campas-360 
  7. https://www.depo.gal/es/-/campamentos-a-lanzada?utm_source=newsletter&utm_medium=email 
  8. https://www.becaseurolingua.com/
  9. https://nova.oporrino.org/actualidade/plan-de-formacion-da-direccion-xeral-de-xuventude-2026