O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do "I Rally Mix Concello de Porriño" que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado "Recristo" e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.
Concello de Porriño e a asociación patronal ACIPOR lembran ós propietarios de locais de hostelería da vila que mañá xoves 8, rematará o prazo de inscripción para participar na XXVI edición da Festa dos Callos. O trámite realizase a través do correo electrónico acipor@acipor.com "A non inscripción presupon que non se participará" aclara a circular que ACIPOR e o Concello de Porriño fixeron chegar os establecementos de hostelería hai semanas. Por outra banda lembrase que o vindeiro luns 19 de agosto terá lugar ás 18 horas no Concello, unha reunión preparatoria da Festa dos Callos. Na mesma elexirase o cartel anunciador desta edición e serán nomeados os locais que se farán cargo da presentación da Festa o día 24 de setembro.
O mércores 7 arranca o ciclo de "Cinema na rúa con flocos de millo" (palomitas) que organiza o Concello de Porriño ó abeiro da programación cultural de agosto.
O Concello de Porriño colabora coa XI edición da Festa do Cabrito de Chenlo que terá lugar o domingo día 4 de agosto. A achega, canalizada a través da Concellería de Festas que actualmente leva David Alonso, ten un valor de 6.000 euros e traducese na carpa, mil cadeiras e nas mesas que aporta o Concello de Porriño para a celebración do certame gastronómico
O Concello de Porriño está a colaborar a través da Concellería de Deportes que desempeña David Alonso coa U.D. Atios que celebrará este domingo día 4 o seu 50 aniversario. A UD Atios instituiu un trofeo co gallo das súas vodas de ouro cun partido que enfrentara o equipo local contra o Pontevedra CF no campo municipal "O Carballo".Na previa do encontro, a partires das 19 horas actuara a gañadora de "La Voz 4", a galega Irene Caruncho e durante o descanso do partido tamén actuará a agrupación "Os Penediños" de Atios.
Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.
O Concello do Porriño trasladou a súas felicitacións ó ciclista Jorge Punzón polos seus títulos no Campeonato de España de BTT en modalidades XCO e XCE, disputados o derradeiro fin de semana na localidade navara de Arguedas.
O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidro Hornillos destacou a “enorme calidade” da pista de atletismo que se está a construir no polígono da Granxa durante a visita que efectuou en compañía de Eva García, alcaldesa de Porriño e de David Alonso, concelleiro de Deportes. Hornillos manifestou que “esta pista de tartán é do mellor nivel que actualmente pode haber non só en España senón en Europa” e abogou por “ser ambiciosos para intentar nun prazo razoable de tempo, cubrir a instalación con miras a albergar campeonatos autonómicos e nacionais e tamén para garantir o mellor uso da instalación ó longo do ano”.
A Corporación Local de Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro.Asimesmo determinaronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto.A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18 horas. Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións municipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns.Finalmente haberá sete comisións informativas:Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e InfraestructurasEconomía, Fazenda e PersoalContasSeguridade, Policía, Protección Civil e MobilidadeParques, Xardíns, Limpeza, Industria e MercadosDeportes, Cultura, Xuventude e FestasE finalmenete Servizos Sociais e Igualdade.En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.
Eva García, alcaldesa da cidade invitou a “a todos e todas porriñesas a vir ás Festas da San Benito así como a todos os habitantes da bisbarra e da área metropolitana para que se acerquen a Porriño e veñan a disfrutar con nós” segundo dixo na presentación do programa festivo realizada esta mañán no Concello,
David Alonso, concelleiro de Deportes mantivo este mediodía unha visita ás instalacións do Velódromo Municipal do Porriño en compañía de Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Tamén acudiron representantes da AD Avanza e do club Máster da Louriña.
Unha comitiva municipal formada pola alcaldesa Eva García, a concelleira Lourdes Moure e Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello visitaron as obras que a administración municipal está a costear nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio.