236 NENOS E NENAS PARTICIPAN NA XXI EDICIÓN DO CAMPUS DO CLUB “PORRIÑO
BALONCESTO BASE”
Este mediodía a alcaldesa Eva García visitou á hora do xantar ós rapaces que
participan esta semana no campus do club “Porriño Baloncesto Base” que se
desenrola coa colaboración fundamental do Concello. Cunha participación final
de 236 inscritos, con rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos,
celebrase ata o sábado 29 de xuño no Polideportivo Municipal.
A alcaldesa e maila concelleira Lourdes Moure departiron cos rapaces e cos
monitores interesando polas actividades que están a desenrolarse.
Pola tarde foi o concelleiro David Alonso o que acudiu para seguir o desenrolo do campus e comprobar a demostración de Martín Iglesias, ex xogador do Porriño Baloncesto Base que actualmente milita no Barcelona.

A participación deste e outros xogadores de nivel é unha das novidades que o club anunciou con respecto ás edicións anteriores, entre as que destaca tamén que a dirección do campus corre a cargo de Lucas Vaquero avalado pola súa experiencia como xogador e entrenador de Liga EBA en Porriño.