FOTO 3 (1).jpg
O pleno do Porriño ratifica a solicitude de cesión da N-120 ao seu paso por Cans para mellorar a seguridade e desbloquear investimentos clave
A cesión permitiría ao Concello executar actuacións prioritarias como a construción de beirarrúas, a creación de pasos peonís ou a mellora da iluminación pública, medidas fundamentais para garantir un tránsito seguro nunha vía cun elevado nivel de tráfico.
WhatsApp-Image-2026-02-11-at-14.34.27-1024x768.jpg
O Concello do Porriño fai balance da seguridade en 2025 e reforza a coordinación na loita contra a violencia de xénero
O sistema VioGén mantén 60 casos activos no partido xudicial do Porriño. A Garda Civil rexistrou 782 infraccións penais en 2025, con máis de 300 feitos esclarecidos e un aumento das actuacións en materia de drogas. A Policía Local realizou 50 detencións o ano pasado e reforzou a actuación en delitos xudiciais, seguridade viaria e violencia de xénero
WhatsApp-Image-2026-02-04-at-13.32.54-543x768.jpg
O Porriño forma á cidadanía para estar preparada ante calquera emerxencia
As Charlas de Primeiros Auxilios son de balde para toda a veciñanza e asociacións participantes. As primeiras sesións celebraranse o 10 de febreiro no Centro Cultural As Mimosas de Carracido e o 26 de febreiro no Centro Cultural de Atios, en horario de 17:00 a 18:30 horas
CHARLA-PLAN-MAIORES-SEGURIDADE.jpg
Axentes da Garda Civil informarán das claves para evitar ser vítimas de estafas, enganos e roubos
O Concello organiza unha charla informativa dirixida ás persoas maiores o vindeiro martes, 2 de decembro, ás 17.00 horas no salón de plenos
O Concello do Porriño informa dos cortes de tráfico no casco urbano con motivo das Festas do Cristo
O Concello do Porriño informa á veciñanza e visitantes que, con motivo da celebración da fin de semana grande das Festas do Cristo 2025, levarase a cabo o corte de tráfico rodado en distintos puntos da vila co obxectivo de garantir a seguridade viaria e facilitar o desenvolvemento dos actos festivos previstos.
BUS-CHENLO.png
O Concello do Porriño informa sobre a reubicación da parada na liña de autobús Chenlo-O Porriño
A parada volverá a situarse no Paso a Nivel, restablecendo así a súa localización habitual
NP-DETIDO-COCHE-ROUBADO.jpg
Detido no Porriño un fuxitivo cunha decena de ordes de procura tras unha persecución policial nun coche roubado
O home, de 36 anos e sen permiso de condución, eludiu un control e acabou chocando contra o gardarraíl
WhatsApp-Image-2025-08-18-at-14.06.45.jpg
O Concello do Porriño solidarízase cos veciños e concellos afectados polos incendios en Ourense
Desprazáronse un operario municipal, tres axentes da Policía Local, dous voluntarios de Protección Civil e mobilizáronse dous camións municipais
WhatsApp-Image-2025-07-10-at-10.03.11.jpg
Aviso de cortes de tráfico e restricións de estacionamento con motivo da celebración de Porrigalia 2025
O Porriño, 10 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño informa que, con motivo da celebración de Porrigalia 2025, e máis concretamente para a montaxe do escenario do concerto previsto para as 23:45 horas do sábado 12 de xullo, será necesario aplicar restricións de tráfico e estacionamento na zona centro da vila.
WhatsApp-Image-2025-06-18-at-13.13.12.jpg
Obras de mellora no entorno do Templete obligarán ao corte parcial da Rúa Domingo Bueno durante unha semana
O Porriño, 18 de xuño de 2025.- O Concello do Porriño informa de que, debido á execución dunha nova fase das obras de renovación e mellora do entorno do Templete de San Luis e do acceso ao cemiterio municipal, procederase ao corte dun carril na rúa Domingo Bueno, á altura do Templete, a partir de hoxe e durante aproximadamente unha semana.