copa-galicia-baloncesto-adaptado-xogo-FGDA-2024-porrino.jpg
A Copa Galicia de Baloncesto Adaptado Xogo FGDA 2024 celebrouse hoxe no Porriño
A Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) organizou, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello do Porriño e o Club Porriño Baloncesto Base (PBB), a Copa Galicia de Baloncesto Adaptado Xogo 2024, que tivo lugar hoxe no pavillón municipal de deportes da vila.
16-promocion-policia-local-agasp-practicas-porrino.jpg
O alumnado da 16ª Promoción da Policía Local formada na AGASP realiza as súas prácticas no Porriño
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu hoxe xunto ao concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, e ao Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, ao primeiro grupo de alumnos/as da 16ª promoción de Policía Local que se está formando na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Serán un total de 97 alumnos/as, distribuídos en catro grupos, os que realizarán as súas prácticas no municipio.
ix-triatlon-concello-porrino-presentacion-bicis.jpg
O campión do mundo, Pablo Dapena, padriño do IX Tríatlon Concello do Porriño
Este sábado O Porriño convertirase na capital galega do Tríatlon cunha das súas probas estrela. O Concello do Porriño, coa colaboración do Concello de Tui, organiza este sábado a novena edición do Tríatlon Concello do Porriño.
Acienciacerta-porrino-2024-presentacion-botica-nova.jpg
O Porriño inza as ciencias de rúas con "ACIENCIACERTA"
Esta semana inzamos as ciencias de rúas! A I Mostra de ciencia na rúa/openscience ACIENCIACERTA, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal, tomará a vila os días 6, 7 e 8 de xuño.
Dia-Mundial-sen-tabaco_2024.jpg
O Porriño sae á rúa para visibilizar o Día Mundial Sen Tabaco
O Concello do Porriño, en colaboración co Centro de Saúde e a AECC do Porriño, organizan un acto aberto ao público na praza do Arquitecto Antonio Palacios para informar e concienciar á veciñanza sobre tódolos perxuizos do tabaquismo, e intentar deste xeito reducir a taxa de consumo.
concello-porrino-recepcion-porrino-baloncesto-base.jpg
O Porriño rende homenaxe ao Porriño Baloncesto Base
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, recibiron na Casa Consistorial aos integrantes dos equipos senior masculino e feminino do Porriño Baloncesto Base (PBB). A esta recepción acudiron tamén Icía Alcalde, presidenta do PBB, Julio Bernárdez, técnico de Deportes do Concello do Porriño e presidente da Federación Galega de Baloncesto.
unidade-mobil-doazon-sangue-porrino-bus.jpg
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue está hoxe e mañá no Porriño
A unidade móbil estará na rúa Domingo Bueno, o venres 31 de maio en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado 1 de xuño de 10:00 a 15:00 horas.
futuros-emprendedores-porrino-adestran-competencias-blandas-realidade-virtual.jpg
Os futuros emprendedores do Porriño adestran as súas competencias blandas con realidade virtual
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego O Porriño realizou, en colaboración da Concellería de Emprego do Concello do Porriño, a segunda sesión do “Taller de NewSkills” para adestrar as competencias blandas a través da realidade virtual.
comercio-porrino-adianta-veran-2024-banner.jpg
O comercio do Porriño "Adianta o verán"
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), en colaboración do Concello do Porriño, pon en marcha a campaña “Adianta o verán” coa que pretenden incentivar as compras no comercio local entre os días 1 e 20 de xuño.
dia-mundial-sen-tabaco-porrino-xogos-2024.jpg
Infórmase con xogos sobre os riscos de fumar no Día Mundial Sen Tabaco
Avada, en colaboración co Concello do Porriño, o  Centro de Saúde e a AECC do Porriño, organizaron unha serie de divertidas actividades na praza do Arquitecto Antonio Palacios con motivo do Día Mundial Sen Tabaco. Xogos de dados e preguntas relacionadas cos perigos do tabaquismo fixeron que os viandantes se achegaran, informaran e concienciaran sobre esta problemática que afecta tanto aos fumadores, como ás persoas que os rodean.
voluntarias-corpus-porrino.jpg
As alfombras florais volverán vestir O Porriño para celebrar o día do Corpus
O Porriño vestirase de flores para celebrar o día de Corpus Christi o vindeiro domingo 2 de xuño. Máis de 20 voluntarias levan preparando durante semanas os tapices florais que decorarán os 290 metros que separan a igrexa Santa María do Porriño da praza do Arquitecto Antonio Palacios, máis de 900 m2 de arte floral na rúa.
carreira-empresas-interrunning-sumase-conmemoracion-ano-palacios.jpg
A Carreira de Empresas e Interrunning súmase á conmemoración do Ano Palacios
A vila do Louro celebra este ano o 150 aniversario do nacemento do seu ilustre veciño, Antonio Palacios, e a organización da II Carreira de Empresas e XIII Interrunning non o queren pasar o alto.