A Carreira de Empresas e Interrunning súmase á conmemoración do Ano Palacios

A vila do Louro celebra este ano o 150 aniversario do nacemento do seu ilustre veciño, Antonio Palacios, e a organización da II Carreira de Empresas e XIII Interrunning non o queren pasar o alto.

O vindeiro 6 de outubro, ás 9:30 h, arrancará unha das andainas máis concorridas de Galicia e no seu percorrido centos de camiñantes descubrirán as obras do arquitecto na súa vila natal, como a Casa Consistorial que este ano cumpre os 100 anos, a Fonte do Cristo, o Templete da Rede de San Luis e a Botica Nova.

A organización plantexou un circuíto de 6 km e dificultade baixa para que todas as persoas poidan disfrutar plenamente do evento e do legado que Antonio Palacios deixou na súa vila.

Andaina e carreiras con fins solidarios

Ao igual que as probas de 5k e 10k, a Andaina chega cargada de solidariedade e o que se recaude coa inscrición entregarase á asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro, Bicos de Papel, a AECC do Porriño e o programa municipal de alimentos SOS Porriño. As inscricións están abertas ata o 2 de outubro na páxina https://eventos.emesports.es/inscripcion/ii-carrera-de-empresas-galicia-2024-xiii-interrunning/

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos