Infórmase con xogos sobre os riscos de fumar no Día Mundial Sen Tabaco

Avada, en colaboración co Concello do Porriño, o  Centro de Saúde e a AECC do Porriño, organizaron unha serie de divertidas actividades na praza do Arquitecto Antonio Palacios con motivo do Día Mundial Sen Tabaco. Xogos de dados e preguntas relacionadas cos perigos do tabaquismo fixeron que os viandantes se achegaran, informaran e concienciaran sobre esta problemática que afecta tanto aos fumadores, como ás persoas que os rodean.

Mauricius, veciño do Porriño, comenta que deixou de fumar hai un ano porque concienciouse de que non era bó para a súa saúde. Evitar lugares onde normalmente hai fumadores, axudoulle durante os primeiros meses. Tamén decidiu empezar a facer deporte de xeito máis regular, para cambiar os seus hábitos e ser máis saudable. Hoxe, un ano despois, “nótome con maior capacidade pulmonar, e máis en forma!”, declara.

O Concello do Porriño ofrece más información e varias guías descargables en formato pdf na súa páxina web ecultura.net.

Por que non se debería fumar? Estadísticas demoledoras

Fumar é a principal causa previsible de enfermidade e morte no noso medio. O tabaco provoca, directa ou indirectamente, máis de 5.000 mortes anuais en España, unha morte cada 11 minutos, segundo confirmou Ramón Reyes, presidente da AECC, o pasado mes de abril. A investigadora Diana Carolina López Medina, salienta que a exposición do fume ambiental do tabaco producíu 747 mortes en España no ano 2020. Ademais, a morte dun non fumador exposto ao fume do tabaco, relaciónase coa existencia de 400 fumadores, como recolle na súa tese doutoral defendida recentemente. O 50% da mocidade española entre 18 e 21 anos consume tabaco mensualmente, uns datos preocupantes, segundo Reyes, que amosan que os mozos e mozas non perciben o fumar como un risco.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos