O Porriño inza as ciencias de rúas con "ACIENCIACERTA"

Esta semana inzamos as ciencias de rúas! A I Mostra de ciencia na rúa/openscience ACIENCIACERTA, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal, tomará a vila os días 6, 7 e 8 de xuño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo director da feira, Juancho Castaño, e a directora de comunicación de ZENDAL, Beatriz Díaz, presentou a primeira edición deste evento que pretende achegar a ciencia á veciñanza do Porriño.

Tal e como relatou Castaño, existen varios proxectos, iniciativas e experiencias de feiras científicas (openscience) en Galicia “pero ningunha delas coas dimensións nin a proxección pública que se quere alcanzar con esta mostra ao contar cunha localización como a nosa vila” . E é que O Porriño conta cun importante número de empresas relacionadas co ámbito científico ou científico/tecnolóxico nos seus polígonos industriais. “Esta é unha fortaleza moi importante, pois é un concello pioneiro na implantación de empresas con alto valor engadido e I+D+i, especialmente no sector farmacéutico ou da automoción pero tamén na alimentación, mecanización e outros sectores estratéxicos para a economía”, explicou Juancho, “E esta feira pretende establecer esa ponte entre toda esta industria e a cidadanía, especialmente entre a cativada”.

Así, entre os principais obxectivos desta feira está o de aumentar as vocacións científicas e espertar o gusto pola ciencia entre pequenos e maiores. Todo isto dunha maneira lúdica e asequible para os nenos e nenas. Tamén establecer pontes entre docentes, institucións científicas e a sociedade dun xeito diferente para compartir coñecementos e ideas.  

Investigadores de renome falarán de ciencia no Porriño

ACIENCIACERTA contará con persoeiros de relevancia no eido científico como a Catedrática de Física Aplicada da Universidade de Vigo, Verónica Salgueiriño Maceira que será a I Madriña de ACIENCIACERTA e a encargada de ler o Pregón. Verónica, veciña de Pontellas,  é investigadora en materiais magnéticos con aplicación en biodispositivos como nanorobots no CINBIO. Tamén Concha Monje Micharet, catedrática da Universidade Carlos III de Madrid, investigadora de Robótica Branda e Control de Sistemas no Grupo de Investigación “RoboticsLab”. Estarán tamén Roberto Iglesias Rodríguez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela en intelixencia artificial e coordinador do Grao de Investigador do CiTIUS. e Laura Filloy, xornalista científica de Gciencia Para facer chegar a inquedanza científica a través da expresión artística contaremos coa gañadora do premio Goya,  Janet Novás, e o ilustrador Kiko da Silva.

Os centros educativos concursarán con proxectos científicos

Durante a Feira, os distintos stands dos centros educativos mostrarán as súas propostas e será un xurado científico, xunto co voto popular, quen determine o gañador desta edición. O xurado estará presidido pola Madriña desta edición, que estará acompañada pola farmacéutica Celia Diz e Julio Sánchez, enxeñeiro industrial en AIMEN

A representante de Zendal incidiu en que polo forte arraigo da compañía co Porriño “ZENDAL quería e debía estar presente nesta mostra. Se existe un clúster biofarmacéutico e un proxecto industrial en Galicia é no Porriño, e Zendal é parte activa deste cluster”. Díaz continuou explicando que como grupo biofarmacéutico “sentímonos responsables de deixar un impacto positivo no pobo, e facémolo sobre todo co noso traballo diario, que son as vacunas e os productos farmaceúticos, pero tamén co emprego de alta cualificación, poñendo en valor a ciencia e os científicos, participando en eventos de divulgación como esta feira e coa nosa defensa de promoción da muller e da nena, e dos nenos, na ciencia”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos