As alfombras florais volverán vestir O Porriño para celebrar o día do Corpus

O Porriño vestirase de flores para celebrar o día de Corpus Christi o vindeiro domingo 2 de xuño. Máis de 20 voluntarias levan preparando durante semanas os tapices florais que decorarán os 290 metros que separan a igrexa Santa María do Porriño da praza do Arquitecto Antonio Palacios, máis de 900 m2 de arte floral na rúa.

Este ano, con motivo do Ano Palacios, o arquitecto porriñés será o protagonista do rosetón na praza que leva o seu nome. O resto das rúas ata a igrexa da parroquia de Santa María, onde se ubicará un dos deseños principais, tamén se engalanarán.

Invítase a toda a veciñanza a participar na elaboración das alfombras

As/os voluntarias/os comezarán a pintar os deseños o sábado a primeira hora da tarde para logo  decoralos con pétalos, follas, area e viruta. Toda a veciñanza é benvida para colaborar na colocación dos adornos florais. Nenos/as e adultos/as pódense achegar a partires das 18.00 horas fronte á Igrexa e participar nesta tradición que comezou hai xa 30 anos no Porriño, no ano 1994. Os actos de celebración do Corpus Christi terán lugar o domingo día 2 coa procesión e misa solemne ás 12.00 horas.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos