Esta tarde, a partir das 19 horas, comezará no Círculo Recreativo Cultural, o concerto Festival Letras Galegas da Escola Municipal de Música do Porriño. Entrada libre e de balde ata completar aforo. Promovido polo Concello de Porriño coa colaboración da Deputación Provincial.
O mércores 22 arranca a decisosexta edición do Festival de Cans. Aínda que a programación comeza dende primera hora da mañán, os actos máis sobranceiros terán lugar de tarde co "Día dos Veciños" que se desenrolará a partir das 21 horas no Torreiro.
Tratase dun espectáculo para público familiar e escolares de 6 a 12 anos que terá lugar o mércores 22, a partir das 18,30 horas. No Centro Cultural Municipal, con entrada libre e de balde ata completar aforo.Esta sesión de Contacontos, patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra, estará protagonizada por Xoán Curiel e Charo Pita. Baséase nun compendio de contos e cancións para render homenaxe a Antón Fraguas, escritor ó que se adicou este ano O Día das Letras Galegas.
"Corto e Cambio" é un programa de prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes, no que participaron uns 120 mozos e mozas promovido polo Concello de Porriño e organizado pola OMIX. Os mozos e mozas elaboraron distintas pezas audiovisuais para sensibilizar sobre esta problemática ao resto de compañeiros e a cidadanía en xeral.
Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” co gallo da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. O certame presentouse hoxe no Concello coa presencia de Eva García, alcaldesa da cidade; Juana Pérez, presidenta da asociación empresarial “Acipor” e os representantes do sector panadeiro local, encabezados por José Manuel Fernández.
A Alcaldesa Eva García ofreceu unha recepción no Concello á plantilla do equipo filial do Balonmán Porriño que vén de acadar o seu ascenso á División Prata Feminina. O conxunto porriñés obtivo a promoción grazas a gañar os tres partidos do sector de ascenso disputado o pasado fin de semana na nosa cidade. Derrotou a KTM Balsebike; EMD Aceuchal e no partido definitivo ó Balonmán Zamora.
Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo e Fernando Mouriño, máximo responsable da Escudaría Rías Baixas louvaron o apoio do Concello de Porriño ó Rallye Rías Baixas que se celebrará os vindeiros días venres 17 e sábado 18. O 53º Rallye Recalvi Rias Baixas é unha proba valedeira para o Campionato Galego de Rallyes. Terá un trazado de máis de 250 kilómetros dos que 110 serán cronometrados.
O concerto musical que ofrecerá o xoves 16 Susana Seivane celebraráse definitivamente no Pavillón Municipal de Deportes debido ás previsións de choiva. Inicialmente programouse para celebrar no Parque do Cristo pero desestimouse pola previsión meteorolóxica. Mantense a mesma hora: nove da noite (21 h.)
A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá mañán martes 14 a presentación da 53ª edición do Rallye Rías Baixas que un ano máis terá a Porriño como centro neurálxico.Ás trece horas faráse diante da casa consistorial una roda de prensa con asistencia de Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño; Lourdes Moure, concelleira de Seguridade; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, Julio Bernárdez, responsable do Servizo de Deportes do Concello e por outra banda, Fernando Mouriño, presidente da Escudería Rías Baixas e outras persoas do staff da organización, para detallar os aspectos deportivos e de intendencia desta edición.O 53º Rallye Recalvi Rias Baixas é unha proba valedeira para o Campeonato Galego de Rallyes. Terá un trazado de máis de 250 kilómetros dos que 110 serán cronometrados.O Concello de Porriño colabora un ano máis co Rallye, non só como un dos copatrocinadores, senon tamén cun importantísimo apoio loxístico xa que na nosa cidade terán lugar as verificacións técnicas e administrativos así como os distintos reagrupamentos despois dos tramos cronometrados.
Vinte equipos que reunirán 160 deportistas participarán o vindeiro mércores 15 na segunda xornada da Liga Galega de Baloncesto Adaptado 2019 que se disputará no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño. Haberá 18 partidos programados segundo as catro diferentes categorías establecidas, conforme o regulamento da Federación Galega de Deporte Adaptado.
O equipo de categoría autonómica do Balonmán Porriño feminino acadou hoxe domingo o seu ascenso a División de Honra Prata ó proclamarse campión do sector celebrado dende o venres na nosa cidade. As porriñesas impuxeronse ó Balonmán Zamora no partido decisivo celebrado a mediodía no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño. Previamente o Balonmán Porriño derrotou ós outros dous equipos que xogaban o sector: KTM Balsebike e EMD Aceuchal.Deste xeito na vindeira tempada o Balomán Porriño terá representación nas dúas máximas categorías do “handball” feminino xa que o primeiro equipo “Godoy Maceira Porriño” ocupa a décima praza na Liga Guerreras Iberdrola e tén garantizada a súa continuidade na elite.
A proba ciclodeportiva "Xarotos Gran Fondo", organizada polo clube "Máster da Louriña" e patrocinada polo Concello de Porriño e Deputación Provincial, contará finalmente cunha inscripción de 350 participantes. O dorsal número 1 será para o ex-ciclista profesional Gustavo Rodríguez, actualmente adicado ó triatlón, que nesta edición recibirá unha homenaxe especial polos organizadores.