"CORTO E CAMBIO": presentamos as dez pezas audiovisuais elaboradas por alumnos porriñeses para alertar contra o consumo de drogas, alcol e tabaco.

Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa "Corto e cambio". As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de consumos de drogas, alcol e tabaco entre a mocedade porriñesa.

1. Ribeira do Louro / 4º C

O menudeo de droga leva consigo moita violencia e abuso de poder. Aquí vai unha mostra.

https://www.youtube.com/watch?v=KRpCjWSptyE

2. Pino Manso / 1º FP

Esta é unha historia do cotián, de como as drogas poden afectarnos no noso día a día.

https://www.youtube.com/watch?v=7-jARVkqc_s

3. Pino Manso / 4º AC G2

Hai moitas presións externas e de grupo á hora de consumir drogas. Esta curta mostra precisamente iso.

https://www.youtube.com/watch?v=SIU7jIOxD-s

4. Ribeira do Louro / 4º B G1

Esta peza ensina esa espiral da droga que afunde a moita xente, pero cun toque diferente... Ata aquí podemos ler.

https://www.youtube.com/watch?v=BLmIv_QtmLA

5. Pino Manso / 2º FP

Seguro que algún de vós séntese identificado con un ou varios dos efectos recreados polos compañeiros...

https://www.youtube.com/watch?v=gbHpwBtdhT4

6. Pino Manso / 4º AC G3

Velaquí unha historia de rehabilitación, que nos mostra que non importa o noso pasado se temos forza para mudar as cousas.

https://www.youtube.com/watch?v=HMW9MadWwvI

7. Pino Manso / 4º AC G1

Esta é, probablemente, a curta máis experimental de todas... mostrando dun xeito único como o consumo de drogas consume ás persoas.

https://www.youtube.com/watch?v=UPud0HoSP7g

8. Ribeira do Louro / 4º A

Se o habitual é contar historias dende o punto de vista do consumidor, aquí temos unha dende o punto de vista do camello e da súa responsabilidade nas vidas da xente que consume.

https://www.youtube.com/watch?v=4ryiarpNWKo

9. Pino Manso / 4º B

Se antes falábamos da rehabilitación, aquí pasamos á destrución... hai veces que a droga pode rematar con absolutamente todo.

https://www.youtube.com/watch?v=F0FiEOkn_pc

10. Ribeira do Louro / 4º B

Para rematar a peza audiovisual máis poética de todas. Dende logo, unha curta para reflexionar.

https://www.youtube.com/watch?v=mvFiSjFGnhA