Esta noite o edificio consistorial de Porriño estará alumeado en verde como sinal de adhesión do Concello co Día Mundial da "ELA" (Esclerose Lateral Amiotrófica). Tratase dunha efeméride impulsada polas asociacións de pacientes para que a sociedade coñeza esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso da que se diagnostican unha media de tres novos casos diarios en España. En Galicia o ano pasado detectaronse 54 novos casos, unha prevalencia maior ca noutras rexións o que está vencellado co envellecemento da poboación.
Como amosa a fotografía, esta noite o edificio consistorial do Porriño luce en cor verde, en solidariedade cos enfermos de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Deste xeito o Concello do Porriño sumouse a iniciativa de ámbito estatal e galego "Luz pola ELA", promovida polas asociacións de enfermos de esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso, que buscan sensibilizar á sociedade.
Este fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da "Challenge Rías Baixas" que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23. A proba, organizada polo club "Master da Louriña" cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e "master", homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.
O departamento de Cultura do Concello do Porriño vén de informar do cambio de ubicación do Festival de Combos que terá lugar o sábado 22 a partir das 19 horas. Pasase ó Centro Cultural Municipal. A decisión está motivada polo risco de choiva que desluciría o espectáculo caso de manterse na praza do Concello. O evento está organizado por Maison Escola de Música e Danza
Por outra banda, o departamento de Cultura confirmou que a XI Festa do Chouripan que organiza a AAVV San Benito e San Sebastián mantense o domingo 23 na ubicación anunciada na praza de San Sebastián, a partir das 19,30 horas. Venderase o tradicional chouripán a un prezo de 3 € coa bebida incluída.E a medianoite faráse a fogueira de San Xoán.
Publicamos a continuación as bases que determina o Concello do Porriño para a instalación de postos de venda, casetas, atracción e espectáculos para as Festas de San Benito 2019 que se celebrarán os vindeiros días 10, 11 e 12 xullo.
Engadimos tamén para os interesados o documento de solicitude para autorización de ocupación de solo público que os demandantes deberán cumprimentar e presentar ante o Concello de Porriño.
A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño. A actuación a cargo das agrupacións da Escola comezará ás 20 horas. Cando remate o festival entregaránse as notas chamando ós alumnos por cursos.
Eva García de la Torre foi investida hoxe como alcaldesa do Porriño con maioría absoluta. Recibiu 9 votos (4 do PSOE, 2 do BNG, 2 de EU Son Porriño e 1 da UDDL) fronte ós 8 votos que acadou Manuel Alejandro Rodríguez, candidato do PP e que corresponderon ós concelleiros dese partido.Eva García recibiu o bastón de mando da mesa de idade que presidiu a sesión constitutiva asesorados polo secretario municipal que proclamou o resultado da votación realizada en furna.
Eva García de la Torre vén de anunciar este mediodía un acordo cos concelleiros do BNG e de EU Son para súa investidura como alcaldesa de O Porriño que tamén apoiará Manuel Carrera, concelleiro electo por UDDL. Deste xeito a actual alcaldesa será reelecta con maioría absoluta cos votos do PSOE (4), BNG (2), EU Son Porriño (2) e UDDL (1) que sumarían 9 fronte ós 8 do PP.
O Concello do Porriño tomou a decisión de proseguir co curso de defensa persoal feminina que se realizou no pasado mes de maio e que pase a ser de carácter permanente. Deste xeito O Porriño será o primeiro concello de Galicia en ter ese curso de forma continuada, segundo a decisión que tomaron a alcaldesa Eva García e maila concelleira de Seguridade, Lourdes Moure baseándose na grande acollida e repercusión que tivo entre as mulleres do Porriño e bisbarra.
O sábado 15 de xuño, ás doce do mediodía, terá lugar a sesión constitutiva da nova corporación municipal do Porriño electa nos comicios do pasado 26 de maio.