O Club de Atletismo de Porriño informou que este ano fará coincidir a XIV edición da Carrera de Xóvenes Atletas coa celebración do Memorial "As Agüiñas Diego Salgueiriño".
A Alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais da nova corporación local do Porriño acordaron celebrar un pleno mensual que terá lugar o último mercores de mes. Se será de mañá ou de tarde queda a expensas de votarse polos grupos. PSOE, EU Son e UDDL queren que sexa matinal; o BNG prefire de tarde e no caso do PP tén que falarse entre os seus concelleiros segundo manifestou o voceiro deste grupo.
Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa Eva García realizou unha visita á Comandancia Naval de Tui para agradecer ó seu máximo responsable, o capitán de corbeta Ignacio Tobarra, a colaboración inestimable da Armada no pasado Triatlón Concello do Porriño.
O Concello do Porriño, a través dunha carta que a alcaldesa Eva García ven de remitir á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, declara o seu apoio á candidatura da Xunta de Galicia para acceder ós fondos do “Programa LIFE” da Uión Europea que aportaría fondos para afrontar o desexado plan de descontaminación do lindano no noso municipio.
Eva García de la Torre expresou este serán a súa “confianza na Xustiza” e afirmou que a decisión da Audiencia Provincial coñecida hoxe “non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal de Porriño.
As brigadas municipais están a traballar nestes días nas labouras de desbroce e limpeza, baixo a dirección do novo concelleiro Sergio Casal. Os traballos fixeronse en Chenlo, Mosende Atios e tamén en parques públicos de Porriño.As tarefas desenrolanse en colaboración coas comunidades de montes para dar cumprimento á normativa da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia sobre franxas de seguridade pola prevención de lumes forestais.
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño reclamará por carta á Xunta de Galicia o proxecto de reforma da estrada PO-510 que comprometera a Consellería de Infraestructuras cos veciños de A Vaquería para resolver o problema de inseguridade vial que denuncian. Se non hai resposta en dez días, a Alcaldesa trasladará ós demáis grupos municipais da Corporación que apoien ás movilizacións dos veciños de A Vaquería que “se levarían ata Santiago de Compostela, ás portas mesmas da Consellería co noiso apoio e presenza”, declarou Eva García.A rexedora municipal trasladou a unha comisión veciñal de A Vaquería “o pleno respaldo da Alcaldía ás súas reivindicacións”. Asimesmo Eva García comprometeuse a mandar “de inmediato” unha carta a Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestrcuturas para lembrarlle que durante a pasada campaña electoral o PP prometera realizar e entregar ós vecinos, nun prazo de 15 días, un proxecto de mellora da de seguridade vial na travesía da estrada autonómica PO-510 “do que non hai noticia”. Na súa misiva, a alcaldesa requiere á conselleira unha respota no prazo de dez días.Os veciños deste barrio da parroquia de Budiño reclaman pasos de peóns, semáforos e isletas. Como as súas peticións no foron atendidas ainda pola Xunta, están a cortar diariamente o tráfico, nun carril da estrada, dúas veces ó día.
Cunha participación de máis de 220 inscritos, rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, celebrase dende hoxe e ata o 29 de xuño o campus do “Porriño Baloncesto Base” coa colaboración fundamental do Concello do Porriño.
Persoal especializado da empresa “Rentokil” comezou a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas. Na imaxe adxunta observase a que se situou no edificio abandoado de “Instalauto”, o carón da Praza Central. Precisamente nese punto do casco urbán así como noutros producironse queixas reiteradas de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios o que motivou que o Concello de Porriño, ante estas peticións contratase á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica.