A exposición "Ilustrando" que se exhibe na praza Arquitecto Antonio Palacios dende onte á tarde, recolle unha selección de viñetas publicadas en “Faro de Vigo” por dous dos mellores humoristas gráficos de Galicia: Luis Davila e Gogue.
A exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibe no Centro Cultural Municipal extendese un día máis xa que inicialmente estaba previsto que pechase na data de hoxe, 2 de xuño, segundo informa o persoal do Centro.
Trece cubos recollerán unha amplia mostra de dous mestres do humor gráfico de Galicia, Luis Dávila e Gogue que os porriñeses teremos a oportunidades de ver e disfrutar a partir de mañá martes 4 de xuño.
As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de do ritmo de inscripcións feitas. O prazo rematará a medianoite do martes 4 de xuño.
O sábado 1 de xuño celebrase a quinta edición do Festival Porriño sobre Rodas que organiza o "Clube Patin Porriño".As actividades desenrolanse dende as 10 da mañán ata as 14 horas e polo serán dende as 17 horas ata as 20 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 1.Por este motivo, a Policía Local cortará e restrinxirá o tráfico na rúa Doantes de Sangue, no treito entre a pista 1 e o colexio, a partir das 9 horas e ata as 21 horas. Voluntarios de Protección Civil realizarán a a vixiancia correspondente.
Informes da Policía Local de Porriño confirman que onte á noite rexistrouse unha avaría nas barreiras do paso a nivel no centro da cidade que durou aproximadamente 90 minutos. Durante ese tempo mantívose a circulación de trens, pero cunha evidente reducción da velocidade de paso, a consecuencia de que o xestor ferroviario ADIF fora alertado da incidencia.Os atestados sinalan que a Policía Local de Poio recibiu varias chamadas que alertaban de que as barreiras do paso a nivel non baixaban. Unha patrulla policial acudiu ó lugar (ás 22,45 horas) e verificou a incidencia, avisando de inmediato a ADIF. Mentres a patrulla permaneceu no lugar, comprobaron que dous convois ferroviarios pasaron a menos velocidade da habitual como precaución ante o fallo das barreiras.Ás 0.15 ADIF notificou á Policía Local de Porriño que solucionara a avería das barreiras.Ante esta nova circunstancia, o goberno municipal de Porriño reitera que no intre que estea constituída a nova corporación local, retomaranse as xestións cara ás administracións públicas competentes para suprimir este paso a nivel conforme a reivindicación unánime de toda a sociedade porriñesa que a alcaldesa, Eva García trasladou á presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera na última reunión celebrada.
Eva García confirmou ós organizadores da IV Feira do Pan do Porriño que mañan sábado asistirá á lectura do pregón inaugural do certame na praza de San Benito, a partir das 12 horas. A Alcaldesa xa participou esta mesma semana na presentación provincial do evento que tivo lugar na sé de "Turismo Rías Baixas", en Pontevedra, co amparo da Deputación Provincial.
As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de que hoxe en día hai máis de 150 inscripcións feitas. A inscripción estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba. Lembrar que se trata da sexta edición porque en 2018 non chegou a celebrarse ó decretarse a suspensión da mesma ó coincidir coa explosión de material pirotécnico en Paramos (Tui).
Santos Héctor, deputado delegado de Turismo, no nome da Deputación de Pontevedra invitou a todos cantos poidan acudir á IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Este mediodía celebrouse en Pontevedra, na sé de “Turismo Rias Baixas” a presentación a nivel provincial deste certame que complementou a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistiu Eva García, alcaldesa de Porriño, que lembrou que dende a súa chegada ó goberno municipal “prestamos o noso apoio á ACIPOR e ós panadeiros para celebrar este evento que serve de referencia”.
A Policía Local de Porriño informa que o xoves 30 de maio, a partir das 8 horas da mañan, prohíbese o aparcamento de vehículos na rúa Manuel Rodríguez, dende a intersección coa rúa Xogo da Ola, ata a altura do nº 84 da rúa Manuel Rodríguez. E a partir das 8,30 horas, cortarase o tráfico de vehículos pola citada rúa para comezar a montaxe dos stands para a IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros sábado 1 e domingo 2 de xuño.
Mañan xoves día 30 terá lugar a presentación da VI edición do Triatlón Concello do Porriño que se desenrolará na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 13 horas. A ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega de BTT Master 40, actuará de madriña, invitada polo Concello coa intención de render na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Por esa mesma razón este ano a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.
O venres 31, ás 19,30 horas, no Centro Cultural Municipal, dous especialistas en comunicación invitados polo Concello de Porriño ofrecerán unha charla titulada “A importancia da empatía e boa comunicación”. .Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais ponderou "a enorme valía dos dous poñentes" que protagonizarán esa charla “por tratarse de profesionais con ampla experiencia”. Tratase de Belén Varela, licenciada en dereito, experta en organización e persoas, impulsora do “Movemento FET (Felicidade no Traballo); e Javier Cebreiros Fernández, doctor en comunicación, socio de “Hub Vigo”, colaborador en diversos medios de comunicación e autor do libro “Olvida tu lenguaje corporal”.“Encargaranse de facilitar as ferramentas necesarias para a xestión de emocións, para o desenvolvemento de habilidades sociais e mellora do proceso de comunicación”, segundo explicou a concelleira. Esta charla é aberta ó público.