Concello do Porriño, a plataforma “Tropa Verde” e directivos da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) presentaron hoxe en rolda de prensa a iniciativa de recollida e reciclaxe de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fora de uso.
David Alonso, concelleiro de Deportes mantivo este mediodía unha visita ás instalacións do Velódromo Municipal do Porriño en compañía de Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Tamén acudiron representantes da AD Avanza e do club Máster da Louriña.
Unha comitiva municipal formada pola alcaldesa Eva García, a concelleira Lourdes Moure e Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello visitaron as obras que a administración municipal está a costear nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio.
Nove axentes da Policía Local do Porriño, entre eles o Inspector Xefe Daniel Rodríguez, acudirán o vindeiro xoves 4 como testemuñas ó xuizo que se celebrará na Audiencia Provincial polo desmantelamento dun “narcopiso” na nosa cidade.
Este serán, ás 20,30 horas no Polideportivo Municipal terá lugar un partido amistoso entre a selección feminina da República Dominicana e o Balonmán Porriño . O encontro forma parte da preparación que está a realizar o combinado centroamericano que se atopa concentrado en Mondariz na Residencia Cemar. Estárán ata o 16 de xullo para preparar a súa participación nos Xogos Panamericanos que terán lugar a finais de mes no Perú. Na súa estadía e concentración en Mondariz está a colaborar o club Balonmán Porriño.
Este serán terá lugar unha sesión de lectura dramatizada da obra "Arquivos da Realidade", de Julio Fer e Francisco Oti. No escenario habilitado na praza do Concello, a partir das 21 horas. A cargo da escola de teatro Xerpo, dirixida por Irene Moreira.
Varios axentes da Policía Local do Porriño e o responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron en axuda do propietario e persoal do Bar Restaurante “La Cueva”, na praza Arquitecto Antonio Palacios onde se declarou ás 13.48 horas un lume no interior da cociña que tivo a súa orixe nunha freidora.Os axentes empregaron unha manta que mollaron con auga para afogar as lapas ata a chegada dunha doración do Parque Comarcal de Bombeiros de Porriño que remataron de extinguir o lume e de ventilar o local do fume. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais agás unas lixeiras quemaduras que sufriu o propietario do establecemento das que foi atendido polo personal de Emerxencias Sanitarias que se desplazou e trasladado ó Centro de Saúde de Porriño. Posteriormente foi derivado e atendido na Unidade de Queimados de POVISA onde horas despois deronlle a alta.
A partir de hoxe comeza a actividade do Campamento de Verán 2019 que organiza o Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade e co financiamento da Deputación Provincial. O Concello promove esta actividade como medida de conciliación para as familias de Porriño.
Unha promoción inmobiliaria que quedou obstruída pola crise do ladrillo chega ó seu termo. O sábado 6 de xullo, ás 11 horas, terá lugar a presentación do edificio “Praza Ramiráns”, organizada pola firma "Copernicus" que retomou o vello emprendemento de "Paseo Marítimo" que naufragou co estallido da burbulla do ladrillo.
A Alcaldesa do Porriño cumpriu co seu compromiso cos veciños de A Vaquería e xa remititu unha carta coas reivindicacións á titular da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia. Na misiva que a conselleira Ethel Vázquez xa tén no seu poder, Eva García escribe “solicitoche do xeito máis atento nos informes sobre os avances no proxecto de asfaltado da estrada programado para o mes de setembro”.
Paco Martín Micó, presidente da Federación Galega de Baloncesto pasou hoxe pola Alcaldía a saudar a Eva García e reiterar a colaboración dese estamento con Porriño. O presidente atopábase na cidade co gallo do Campus do "Porriño Baloncesto Base". Ó encontro sumaronse David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo. Pasaron revista ás liñas actuais de colaboración e ás que nun futuro poderían manterse entre Federación Galega de Baloncesto e Concello do Porriño.