A corporación municipal do Porriño do mandato 2015/2019 celebrou hoxe unha sesión plenaria extraordinaria previa a súa disolución. O pleno tivo como único asunto da orde do día, a aprobación de actas pendentes de anteriores sesións. Asistiron 14 dos 17 corporativos.
A corporación municipal do Porriño celebrará este mércores, ás 14 horas, un pleno extraordinario. Tratase dunha sesión obrigatoria para a aprobación das actas pendientes de sesións anteriores, como suliña a orde día da sesión que adxuntamos.
A delegación que representou a Porriño no I Encontro de Participación Infantil e de Adolescencia de Galicia celebrado este pasado fin de semana en Castrelo do Miño tivo unha actuación sobranceira. Os catro alumnos Carla, laura, Anxo e Pablo que acudiron en representación dos nenos e nenas de Porriño tiveron protagonismo nos debates das ponencias sobre Educación, Cambio Climático, Pobreza, Protección e Participación.
Zona Franca sacou a concurso o estudo de implantación da futura Cidade do Transporte que o presidente deste organismo público, David Regades xa anunciara que desexa implantar no Porriño. De feito o estudo de arquitectura que gañe o concurso, ademáis de se embolsar 300.000 euros, terá o encargo de redactar o proxecto sectorial e de urbanización, segundo as bases da convocatoria publicada o pasado 4 de xuño e que rematará o 8 de xullo.
Finalmente foron 205 os participantes na sexta edición do Tríatlon Concello do Porriño que se disputou con boas condicións meteorolóxicas, a pesares de que a choiva fixo acto de presenza un par de veces, tanto na saída en Tui como despois en Porriño. Pero de xeito pasaxeiro.
O Concello de Porriño participará esta vindeira fin de semana no I Encontro de Participación e Adolescencia de Galicia que terá lugar no concello ourensán de Castrelo do Miño.
Finalmente son 210 os deportistas inscritos para o Tríatlon Concello de Porriño que se celebrará mañá sábado 8 de xuño. Cun percorrido total de preto de 26 kilómetros que discurrirán dende o río Miño ata a praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do consistorio porriñés onde estará situada a liña de meta.
A sétima edición do Festival de Bandas de Música que organiza a Escola Municipal de Música de Porriño estará adicada ó sétimo arte. Baixo o título "Música & Cine", o concerto ofrecerá pezas de bandas sonoras de películas moi recoñecibles.
A Xefatura da Policía Local informa dos cortes de tráfico así como a prohibición de estacionar nas vías públicas que se mencionan, debido á celebración do VI Triatlón Concello do Porriño que terá lugar na tarde do sábado 8.Adxuntamos os dous carteis informativos distribuídos pola Policía Local para coñecemento xeral de conductores e veciños.
O venres 7 de xuño, no Círculo Recreativo e Cultural realizaráse a proxección das curtametraxes participantes no "Proxecto "Xénero Historias". Tratase de traballos audiovisuais protagonizados polo alumnado de Secundaria dos diferentes centros escolares do Porriño que participaron nesta iniciativa formativa contra a violencia de xénero. Fora organizada pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño.
O mes de maio de 2019 pechou con 88 porriñeses menos nas listas de demandantes de emprego, segundo os datos oficiais remitidos polo Ministerio de Traballo. Con eses 88 porriñeses/as que acadaron un emprego no mes pasado, o noso concello tiña a 31 de maio 1.477 parados o que supón "probablemente o mellor resultado dende outubro de 2008", segundo valorou Soledad Girón, concelleira de Emprego e Servizos Sociais.
A OMIX do Concello do Porriño , en colaboración coa asociación Vella Escola presenta na plataforma youtube.com a gravación do documental do proxecto QUEROeco (Cultura Urbana co Medio Ambiente). O traballo elaborouse con imaxes do proceso de realización do mural, a súa preparación, entrevista ao artista e aos promotores do proxecto así como aos veciños e participantes.