O Concello do Porriño informa dun corte na rede de abastecemento de auga situada nas rúas Cando e Leandro Diz para realizar a reparación dunha avería. O servizo verase interrompido durante dúas horas.
O Consorcio de Augas do Louro –conformado polos concellos do Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas- dá un impulso definitivo á modernización e dixitalización das súas infraestruturas. O presidente, Alejandro Lorenzo, informou hoxe de que o proxecto presentado pola entidade supramunicipal recibirá 4.719.912,04 euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE, de acordo coa resolución provisional publicada polo MITECO. A proposta do Consorcio foi a mellor puntuada de Galicia e tamén se posicionou entre as mellores a nivel nacional, obtendo un respaldo económico que permitirá realizar importantes melloras.
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada pola concelleira de Política Social, Teresa Veloso, visitou esta mañá a cafetería Lume, que alberga un programa de formación dual de hostalería desenvolvido pola Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual (Aceesca). Trátase dun proxecto financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que conta coa colaboración do Concello do Porriño e permite combinar a formación coa atención ao público.
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, informa de que esta semana darán comezo os traballos de descontaminación do lindano no Contrasto, en Torneiros. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comezará este xoves coa preparación do terreo para a posterior excavación e extracción do residuo.
A única proba ciclista de España que abarca todas as categorías, “A Nocturna”, correrase polas rúas do Porriño este sábado 31 de agosto a partir das 16 horas. A carreira chega á súa LIV edición, con só dous anos de ausencia desde o seu debut no 1968. Conta con diversas probas para ciclistas a partir de 8 anos de idade e a organización espera superar, un ano máis, os 300 participantes.
O mércores 4 de setembro volve arrancar a oficina municipal móbil para achegar a administración local á veciñanza do rural. Un servizo pioneiro co que o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa atención directa e cercana aos veciños e veciñas.
A praza Arquitecto Antonio Palacios tinguiuse hoxe de vermello para presentar ao primeiro equipo feminino Club Balonmán Porriño. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño presentou as súas xogadoras e corpo técnico para esta tempada arroupado pola súa base e patrocinadores. O acto de presentación contou coa presencia do alcalde, Alejandro Lorenzo, o director da Axencia de Turismo de Galicia -patrocinadora do equipo-, Xosé Manuel Merelles, o presidente do club, Abel Estévez, e a vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán, Carla Abad. Tamén os acompañaron representantes dos principais patrocinadores do equipo de División de Honra Feminina, Vanesa Andrade, Directora Xeral de Zendal, e Marta Mondina, responsable de márketing de Conservas Orbe.
A Concelleira de Emprego do Concello do Porriño pon en marcha novas edicións do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital para o vindeiro mes de setembro. Desde xuño xa se teñen feito 5 edicións ás que asistiron preto de 100 alumnos e alumnas.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitaron esta mañá as escolas infantís Galiña Azul do municipio: Torneiros e Doantes de Sangue. En ambos centros, aproveitáronse as vacacións de verán para realizar obras de mellora sen interferir na súa actividade.
A Xunta de Galicia vén de dar luz verde ao obradoiro dual de emprego impulsado polo Concello do Porriño “O Porriño humaniza”, no que 20 alumnos/traballadores poderán formarse mentres traballan nas especialidades de albanelería de urbanización e albanelería de traballos de pintura. A administración autonómica vén de conceder a achega de 411.928 euros para este programa de emprego. Pola súa banda, o Concello aportará 45.000, para sumar un total de 456.928 euros destinados a este plan.
A noite de onte será difícil de olvidar para moitos veciños e veciñas do Porriño e arredores, e turistas e peregrinos, que asistiron á homenaxe a Caballé e Pavarotti “Querida Montserrat, querido Luciano”, na praza do Arquitecto Antonio Palacios da vila do Louro. O espectáculo, organizado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello do Porriño, conseguiu encher a praza, que vibrou coas actuacións das sopranos Montserrat Martí Caballé, Simona Todaro Pavarotti, María Dolores Crespo Abuín e o barítono Luis Santana. Ao piano, acompañando en todo momento, o pianista madrileño Víctor Carbajo.
Protección Civil do Porriño conta xa cun novo vehículo no seu parque móbil. O Concello do Porriño vén de adquirir, mediante un sistema de renting de 600 euros ao mes, un novo SUV para todo tipo de camiños que permitirá á agrupación de voluntarios mellorar a súa capacidade de resposta ante calquera emerxencia e a súa operatividade nas intervencións de prevención.