O Conservas Orbe Zendal BM presenta o seu equipo coa vista posta en Europa

A praza Arquitecto Antonio Palacios tinguiuse hoxe de vermello para presentar ao primeiro equipo feminino Club Balonmán Porriño. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño presentou as súas xogadoras e corpo técnico para esta tempada arroupado pola súa base e patrocinadores. O acto de presentación contou coa presencia do alcalde, Alejandro Lorenzo, o director da Axencia de Turismo de Galicia -patrocinadora do equipo-, Xosé Manuel Merelles, o presidente do club, Abel Estévez, e a vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán, Carla Abad. Tamén os acompañaron representantes dos principais patrocinadores do equipo de División de Honra Feminina, Vanesa Andrade, Directora Xeral de Zendal, e Marta Mondina, responsable de márketing de Conservas Orbe.

Abel Estévez, explicou que o equipo, e o Club Balonmán Porriño, comezan “unha tempada moi ilusionante”. O presidente do club lembrou que tras obter os mellores resultados da historia do club na prestixiosa Liga Guerreiras Iberdrola, “este ano damos o salto a Europa para disputar a Copa de Europa EHF Feminina 2024/25 nunha tempada chea de retos e emocións”. Estévez quixo mostrar o seu agradecemento ás xogadoras e corpo técnico, ao Concello do Porriño, á Xunta de Galicia e, por suposto, aos nosos patrocinadores Zendal e Conservas Orbe sen os cales sería imposible. A todos moitas grazas polo esforzo e compromiso”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Merelles apuntou que “é unha satisfacción estar hoxe aquí e ver que hai tantas mozas e mozos que xogan ao balonmán” e quixo destacar que para a Xunta de Galicia é  “un pracer poder apoiar a este club que vai levar ao Porriño e a Galicia ao máis alto do balonmán. Estou seguro que a promoción será excepcional e desde o punto de vista turístico será moi positivo. Para nós é unha aposta segura”. O director da Axencia Galega de Turismo rematou a súa intervención “desexando ao equipo os maiores éxitos deportivos”.

A capitana do equipo, Sarai Samartin, agredeceu a todos os patrocinadores o seu respaldo e tamén á afición e socios do club “estamos moi agradecidas e esperamos facervos disfrutar todo o ano, daremos o mellor de nós”. Pechou o acto o alcalde, Alejandro Lorenzo, que puxo en valor o traballo e o tesón “do club que leva anos traballando neste proxecto que hoxe os leva ao máis alto e con elas a todo O Porriño”. O alcalde reiterou o “orgullosos que estamos de vós” e rematou cunha gran nova para a vila, anunciando que “as dúas primeiras eliminatorias da liga europea, contra o italiano SSV Brixen Südtirol,  xogaranse no Porriño e aí estaremos todos animando ás nosas guerreiras!”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria