O Consorcio de Augas do louro consegue máis de 4,7 M€ de fondos europeos para mellorar a eficiencia do ciclo urbano da auga

O Consorcio de Augas do Louro –conformado polos concellos do Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas- dá un impulso definitivo á modernización e dixitalización das súas infraestruturas. O presidente, Alejandro Lorenzo, informou hoxe de que o proxecto presentado pola entidade supramunicipal recibirá 4.719.912,04  euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE, de acordo coa resolución provisional publicada polo MITECO. A proposta do Consorcio foi a mellor puntuada de Galicia e tamén se posicionou entre as mellores a nivel nacional, obtendo un respaldo económico que permitirá realizar importantes melloras.

“Esta inversión danos a oportunidade de optimizar a xestión dos nosos recursos e infraestruturas e, polo tanto, ofrecer un mellor servizo á cidadanía que o noso principal obxectivo”, explicou Lorenzo, reiterando o seu compromiso coa modernización dos servizos públicos e a sustentabilidade para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Esta achega permitirá ao Consorcio de Augas do Louro dotarse de instrumentos de planificación, completar o rexistro de volumes captados, protexer as masas de auga receptoras de alivios, optimizar e reducir os consumos enerxéticos e incrementar a produción de enerxía para autoconsumo co obxectivo de garantir a sustentabilidade a largo prazo e ofrecer servizos de calidade á poboación, nun contexto de dispersión poboacional moi marcado que dificulta enormemente a xestión destes servizos.

62 actuacións que posicionarán ao Consorcio de Augas do Louro como un referente

O “Proxecto para a mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo urbano da auga no Consorcio de Augas do Louro” , que se executará ata o 2026, estrutúrase en 62 actuacións que abordan desde elaboración de plans de emerxencia e diagnóstico ata a mellora da ciberseguridade .

A planificación, elaboración de proxectos e estratexia ten un especial peso, con actuacións como a revisión do Plan de Emerxencia por Seca, a elaboración de plans integrais de xestión dos sistemas de saneamento -cuestión prioritaria para a entidade-, o estudo de infiltracións e entrada de pluviais nas redes de saneamento e os estudios integrais dos sistemas de abastecemento nos catro concellos consorciados.

O proxecto enfócase tamén na mellora da eficiencia técnica e dixitalización, con actuacións de mellora e monitorización das infraestruturas de captación de auga -tanto superficiais como subterráneas- que abastecen aos concellos dotando as captacións e depósitos de sondas. Esta monitorización incluiría tamén a rede de colectores e arquetas para detectar e evitar posibles verteduras. Este sistema rexistrará e almacenará todos os datos  no centro de control SCADA da EDAR de Guillarei, permitindo supervisar e controlar o funcionamento de instalacións remotas.

Tamén se implementarán accións para a mellora da eficiencia enerxética que inclúen a instalación de placas solares nas ETAPs de Os Valos e Tui e unha nova caldeira na EDAR de Guillarei. Ademais proxéctase instalar unha turbina de auga bruta na ETAP dos Valos.

Desde o punto de vista da transparencia, gobernanza e concienciación, este proxecto pode supoñer un impulso para potenciar a creación deste tipo de consorcios nos concellos pequenos, entendendo que que é o camiño máis sostible e racional para a xestión e uso deste recurso. “Posiciónanos como un referente no uso e xestión deste recurso”, continuou Lorenzo, “O Consorcio de augas do louro pode ser un espello no que os pequenos concellos poidan mirarse e converterse nun exemplo de eficiencia e gobernanza”.  Para iso, actualizarase a páxina web incorporando máis información para a cidadanía como as analíticas de auga potable, residual, caudais, consumos enerxéticos, etc.; e levaranse a cabo campañas de sensibilización e comunicación. Melloraranse os sistemas de información e ferramentas dixitais en xeral e implementaranse as accións de ciberseguridade necesarias. “Contar con esta achega é unha gran nova para os catro concellos que conformamos o Consorcio, xa que repercutirá directamente nunha mellora da calidade de vida dos nosos veciños”, concluíu Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria