Comezan os traballos de retirada dos residuos de lindano no Contrasto

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, informa de que esta semana darán comezo os traballos de descontaminación do lindano no Contrasto, en Torneiros. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comezará este xoves coa preparación do terreo para a posterior excavación e extracción do residuo.

Prevese que as actuacións den comezo este xoves 29 de setembro, polo que o Concello do Porriño xa comezou co realoxo dos veciños e veciñas que así o requeriron. Cabe destacar que os traballos están programados en fases, de menor a maior afectación á veciñanza da zona, co obxectivo de minimizar as molestias. Na contorna afectada hai preto dunha trintena de vivendas, pero non todas elas están afectadas.

De seguido, comezarán as actuacións de retirada do residuo. Para iso, excavarase o firme existente ata unha profundidade de entre 0,5 e 3 metros e retirarase todo o material no que se ten constatada a presenza do contaminante, dado que é un elemento indisoluble. Unha vez completadas estas actuacións na contorna, repoñerase o firme e os servizos de alumeado, telefonía, electricidade, saneamento, abastecemento e outros que puidesen verse afectados polas obras de excavación. No que respecta aos accesos ás vivendas, estará garantido en todo momento con itinerarios alternativos.

Despois da súa retirada, o lindano trasladarase a un centro de valorización de residuos onde se procederá ao seu tratamento, ben mediante o seu confinamento en condicións de seguridade ou ben acondicionándoo -no caso do material de maiores concentracións- para o seu traslado e tratamento nunha planta de incineración de residuos.

A Xunta de Galicia investirá nesta actuación máis de 7,5 millóns de euros e conta con financiación europea, ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), por tratarse dunha actuación relacionada coa descontaminación de solo, con efectos indirectos na auga e na atmósfera.

“Esta é unha herdanza negativa que arrastramos desde hai décadas, un problema que temos que afrontar de maneira global e coa implicación de todas as administracións”, sinalou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “polo que quero agradecer a disposición da Xunta de Galicia para  traballar da man e avanzar na descontaminación, algo que require dun gran esforzo técnico e económico”. 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos