Cartel-partido-50-años-UD-Atios.jpg
A UD Atios celebra este domingo as súas vodas de ouro
O Concello de Porriño está a colaborar a través da Concellería de Deportes que desempeña David Alonso coa U.D. Atios que celebrará este domingo día 4 o seu 50 aniversario. A UD Atios instituiu un trofeo co gallo das súas vodas de ouro cun partido que enfrentara o equipo local contra o Pontevedra CF no campo municipal "O Carballo".Na previa do encontro, a partires das 19 horas actuara a gañadora de "La Voz 4", a galega Irene Caruncho e durante o descanso do partido tamén actuará a agrupación "Os Penediños" de Atios.
IMG_7480.jpg
O Catrastro insta ó Concello de Porriño a acometer unha revisión pendente dende hai 34 anos
Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.
amazon-logo.png
Outorgada hoxe licenza a "Amazon" para establecer en Porriño a súa estación loxística para o Noroeste
Lourdes Moure, alcaldesa accidental de Porriño firmou hoxe a licenza de obra e comunicación previa de actividade para a futura estación loxística de “Amazon” para o noroeste que terá a súa sede nunha nave do polígono industrial de Prado-Budiño.
Concello-de-Porriño-foto-apaisada-1.jpg
Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica
Os datos aportados esta semana polo Instituto Galego de Estadística (IGE) son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica. No ano 2018 Porriño tivo un saldo vexetativo positivo é dicir máis nacementos que defuncións. Segundo o departamento do padrón municipal en 2018 tivemos 180 nacementos e producironse 121 falecementos en Porriño.
Concello-de-Porriño-foto-apaisada-1.jpg
Cancelouse por un erro administrativo o pleno municipal que ía celebrarse este serán
O Concello de Porriño informa que a sesión plenaria da corporación municipal que ía celebrarse este serán ás 19 horas, cancelouse. O motivo é un erro administrativo na redacción da convocatoria.
amazon-almacen.jpg
Amazon e o Concello do Porriño anuncian a apertura este verán dunha estación loxística que vai xenerar 60 postos de traballo
A firma multinacional de venta “on line” Amazon e o Concello de Porriño anuncian a inminente apertura dunha nova neste termo municipal e que vai xenerar 60 postos de traballo. Segundo os plans de “Amazon” a nova estación abrirá este verán nunha superficie de 4.000 metros cuadrados con 30 traballadores. Ö mesmo tempo “Amazon” contratará a dúas empresas de reparto independentes que contratarán a 30 conductores que recollerán na central loxística de Porriño os paquetes e realizarán os repartos por Vigo y sua área metrpolitana así como en Pontevedra e resto da provincia.
IMG_20190712_182434.jpg
A Corporación Local celebrará o martes pleno municipal
A Corporación Municipal de Porriño celebrará este martes día 30 pleno ordinario coa orde do día que detallamos a continuación. 
IMG_7678.jpg
PRINCIPIO DE ACORDO ENTRE O CONCELLO E OS TITULARES DAS CANTEIRAS PARA BLOQUEAR O ACCESO DE BAÑISTAS
Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curíosos.
IMG_7616.jpg
A Alcaldesa convoca ós concesionarios de canteiras que están a ser utilizadas por bañistas
A Alcaldesa de Porriño vén de convocar para pasado mañá, venres 26 de xullo, unha reunión cos responsables das empresas que teñen a explotación das canteiras que están inoperativas e que, pese a prohibición, están a ser utilizadas para baño ou para realizar fotos cos conseguintes riscos.
32397a38-c45e-4950-962e-6f51c36dc625.jpg
Eva García participou nun cumio de alcaldes convocado pola Deputación para abordar o vindeiro "Plan Concellos"
Eva García participou en Pontevedra nun cumio de alcaldes e alcaldesas da provincia convocados hoxe pola Deputación.
IMG_7607.jpg
Afrontaráse neste verán unha reforma máis ambiciosa da Gardería de Torneiros
A alcaldesa do Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure mantiveron unha reunión de traballo na gardería de Torneiros coa xerente adxunta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Carmen García Campelo.
equipo-de-galicia-XCE-Relay.jpg
O Concello do Porriño felicitou ó ciclista Jorge Punzón polos seus títulos nacionais
O Concello do Porriño trasladou a súas felicitacións ó ciclista Jorge Punzón polos seus títulos no Campeonato de España de BTT en modalidades XCO e XCE, disputados o derradeiro fin de semana na localidade navara de Arguedas.