O Consorcio de Augas do Louro integrado polos concellos do Porriño, Mos, Salceda e Tui, reuniu hoxe ao seu comité na ETAP dos Valos para que os representantes de todos as entidades que o conforman comprobaran de primeira man a autonomía da rede de abastecemento en caso de alerta por seca.
O Velódromo Municipal do Porriño acollerá este sábado, 3 de setembro, o XV Dirt Track Xacob Agra. Como cada edición, o motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carrera noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño.
As porriñesas Sara Hernández, Marta Cabaleiro e Tania Expósito, do CPA Ribex, alzáronse coa prata na Copa do Mundo en Alemania, na categoría Grupos Show Grandes.
O Concello do Porriño vén de pechar o prazo de presentación de ofertas da licitación do contrato para a dotación de beirarrúas no vial da Fase I de Torneiros, cun orzamento de licitación de máis de 81.000 euros, a fin de solventar os problemas de falta de aparcamento e seguridade vial na zona.
Este sábado arranca no polideportivo municipal o II Torneo internacional de Tenis Mesa Concello do Porriño con máis de 200 tenistas de mesa en acción chegados de diferentes puntos da xeografía española e portuguesa.
A concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, informou hoxe que dende o martes 13 ao venres 16 de setembro pódese formalizar a matrícula e reservar horarios na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Multiusos de Torneiros), en horario de 16 a 21 h, segundo a preinscrición realizada no mes de xuño.
O Concello do Porriño prepara xa a contratación da limpeza viaria e desbroce de todas as parroquias do municipio. Trátase dun servizo esencial que ten que prestarse de maneira continuada para manter as zonas rurais en bo estado e que se viña acometendo con contratacións puntuais.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, comprobaron o resultado das obras de acondicionamento do acceso a Torneiros dende a PO-331, cuxos traballos finalizaron esta mesma semana.
O Porriño acolle o II Ciclo de teatro amador Feteagal, organizado polo Concello do Porriño e a Federación Teatral Afeccionada de Galicia en colaboración con Escena Amateur, con varias representacións programadas entre agosto e outubro nas que se poderá disfrutar de varios grupos galegos e de ámbito nacional.
O Concello do Porriño vén de anunciar a aplicación de máis medidas específicas para aforrar auga, en previsión de que empeore a situación de prealerta por seca que afecta á comunidade.