A Escola Municipal de Música abre o prazo para formalizar matrícula o 13 de setembro

A concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, informou hoxe que dende o martes 13 ao venres 16 de setembro pódese formalizar a matrícula e reservar horarios na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Multiusos de Torneiros), en horario de 16 a 21 h, segundo a preinscrición realizada no mes de xuño.

Da mesma forma, o alumnado de novo ingreso que teña feita a preinscrición poderá matricularse a partir das 20 h do xoves 15 e dende as 16 h do venres 16 de setembro.

As listaxes co nome, día e hora do alumnado preinscrito estarán expostas nas portas do Centro Cultural Municipal e da Escola Municipal de Música dende o luns 5 ao venres 9 de setembro.

Na formalización da matrícula cumpriranse as normas establecidas no protocolo anexo.

O alumnado sen preinscrición poderá matricularse a partir das 19:20 h do venres 16 de setembro ou a partir do día 19 de setembro de 16:30 a 18:30 h, sempre e cando queden prazas dispoñibles.

A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica a continuación:

Música e movemento, de 4 a 7 anos de idade.Linguaxe musical: nivel elemental e medio (entre outras materias),  dende os 8 anos en diante e sen límite de idade.Especialidades instrumentais: violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, canto, gaita, percusión tradicional, óboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión sinfónica.Agrupacións: banda, orquestra de corda, conxunto de música tradicional e corais de nenas/os e adultas/os.

As clases comezarán o luns 3  de outubro.

ANEXO CO PROTOCOLO PARA REALIZAR A MATRICULA:

As matrículas realizaranse en intervalos de entre 5 e 10 minutos. Rogamos a máxima puntualidade. Cada estudante ten a súa hora de matrícula e, unha vez pase a súa quenda, non poderá ser atendida/o.Preferentemente entrará a formalizar a matrícula unha única persoa por estudante. No caso de familias con varios membros, recomendamos que sexa unha única persoa representante a que formalice a matrícula.As persoas responsables de matricular as súas fillas e fillos deberán traer con eles toda a información e documentación necesaria, así como lapis ou bolígrafo para apuntar. Rogamos que leven varias opcións de horarios anotadas para axilizar o proceso da matrícula.Non se poderá permanecer na escola máis tempo do indispensable para realizar a matrícula.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos