A rede móbil de nova xeración activarase nos próximos días. Para solventar as afectacións do TDT, habilitouse o teléfono de atención gratuíto 900 833 999
O Concello do Porriño, a través das concellerías de Normalización Lingüística e Igualdade, vén de publicar a súa primeira Guía de Linguaxe Inclusiva. “Trátase dun documento que constitúe unha ferramenta práctica para non perpetuar na linguaxe os estereotipos e erradicar o sexismo e calquera tipo de discriminación nas actuacións administrativas, tanto no consistorio como fora del”, explicou a concelleira, Carolina González.
No Porriño hai encraves cun enorme valor patrimonial e histórico. Lugares que foron puntos de encontro de varias xeracións e que nos permiten entender a historia sociocultural do pobo. Un deles é o conxunto de lavadoiro e fonte da Pousadela, na parroquia de Pontellas, que será obxecto dunha reforma que recuperará o seu valor patrimonial.
O deporte ocupará a praza do Concello este verán. A fin de promover a actividade física e dar unha alternativa de ocio saudable á veciñanza, profesionais cualificados impartirán clases de Zumba e Ioga para quen queira disfrutar do fresquiño da última hora dos días de verán facendo deporte.
750 mozos/as madrileños/as partiron hoxe dende O Porriño cara Santiago de Compostela tras facer noite no pavillón municipal do Porriño. O seu obxectivo é chegar a Santiago o próximo martes para participar na “Peregrinación Europea de Jóvenes”, un encontro no que mozos/as de todo o continente europeo peregrinan a visitar tumba do apóstolo. Inicialmente estaba prevista o pasado verán, pero por mor da pandemia e coa ampliación do Ano Santo ao 22 celebrarase este ano a primeira semana de agosto.
O Goberno Municipal levou hoxe a pleno a súa proposta de orzamentos para o presente exercicio, unha folla de ruta económica que chega a sete meses da investidura deste novo equipo de goberno tras catro anos de prórrogas sen proposta algunha por parte do anterior executivo.
O Concello do Porriño continuará solicitando a revisión de oficio do acordo adoptado polo Pleno da Corporación do Concello de Vigo polo que se impón unha tarifa polo subministro de auga.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, informaron hoxe das melloras que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia está a realizar en centros escolares do municipio aproveitando as vacacións estivais.
Un equipo de arqueoloxía busca no Porriño vestixios dos primeiros homes de Galicia. Os investigadores, liderados polos arqueólogos Eduardo Méndez-Quintas (Universidade de Vigo) e Manuel Santonja (prestixioso arqueólogo do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana CENIEH), interveñen no xacemento das Gándaras de Budiño cun obxectivo principal: datar con precisión as pezas paleolíticas que agocha a zona da lagoa.
A Deputación de Pontevedra vén de conceder unha achega para o financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro da convocatoria do PIREP local.