O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Antía Carrera, visitaron hoxe a fábrica de Xylazel no Porriño dentro da rolda de encontros que están a manter coas empresas do municipio.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, pon en marcha por primeira vez unha ludoteca municipal gratuíta.
A Aula CeMIT do Concello do Porriño volve a ofrecer cursos de formación presenciais desde este mes. As actividades desenvolveranse na aula, situada no Multiusos de Torneiros en horario de mañá e tarde.
As clases de autodefensa para mulleres, impulsadas pola concellería de Igualdade, volven este sábado tras o parón estival. Impartiranse no ximnasio “Jovhen Sport” , de 10 h 12 h.
O Goberno Municipal leva mañá a pleno a declaración dos polígonos residenciais de Torneiros como “Entorno Residencial de Rehabilitación Programada” , o que permitiría á veciñanza o acceso ao programa de axudas para actuacións de rehabilitación a nivel de barrio financiadas con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, acompañaron hoxe ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e aos directores e directoras dos centros educativos do Porriño no acto de inauguración do curso escolar no municipio.
O Concello do Porriño vén de formalizar a súa colaboración co programa de formación “Galegas Dixitais”, cuxo principal obxectivo é mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situación de desemprego ou que simplemente queren mellorar a súa capacidade de empregabilidade, ademais de impulsar o emprendemento no Porriño e contribuír a reducir a fenda de xénero.