O Concello do Porriño organiza un curso gratuíto de defensa persoal feminina e aspectos xurídicos co maxistrado Juan José Trashorras

Celebrarase o vindeiro sábado 11 de abril entre as 10:00 e ás 14:00h no pavillón do CEIP Xosé Fernández López e abordará estratexias de prevención, seguridade e autoconfianza

O Porriño, 9 de abril de 2026.- O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade, celebra un curso de defensa persoal feminina e aspectos xurídicos, unha iniciativa gratuíta e aberta a todas as mulleres do municipio, sen necesidade de inscrición previa, co obxectivo de reforzar a súa seguridade, autonomía e benestar.

A formación desenvolverase o vindeiro sábado 11 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no pavillón do CEIP Xosé Fernández López, e contará cunha destacada participación, a do maxistrado D. Juan José Trashorras, que achegará a súa visión experta sobre os aspectos legais vinculados á autoprotección e á violencia de xénero.

O curso está deseñado para que as mulleres desenvolvan máis confianza en si mesmas, ao tempo que aprenden a implementar estratexias de prevención e detección de situacións de perigo, integrando na súa vida diaria hábitos de seguridade que lles permitan actuar con maior tranquilidade e capacidade de resposta.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta iniciativa: "Este curso non só ofrece ferramentas prácticas de defensa persoal, senón que tamén nos achega coñecementos xurídicos e estratexias de prevención. O saber é poder en calquera ámbito, e nós queremos poñer a disposicion das mulleres todas as ferramentas posibles”.

NOVAS / CONCELLO
PARQUE-TORNEIROS-FASE-II-4-1-1024x598.jpg
O Concello do Porriño licitará un novo parque infantil con zona de auga para a fase II de Torneiros
O proxecto contempla a renovación e mellora dunha área de uso público, mediante a implantación dun conxunto de elementos que combinan o xogo infantil, o uso recreativo da auga o espazo de lecer, configurando un entorno atractivo, inclusivo e adaptado a diferentes rangos de idade. O granito do Porriño en bancadas e xardineiras complementa un novo espazo verde dando identidade e e harmonía cromática ao conxunto.
CONCURSO-PINTURA-RAPIDA2-768x768.jpg
III CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA: PINTANDO A PALACIOS
O Concello do Porriño convoca o seu III Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, que terá lugar o día 13 xuño de 2026 no Porriño.
WhatsApp-Image-2026-04-07-at-13.55.29-1024x682.jpg
O Porriño arranca a semana da Camelia coa inauguración da “Exposición A Camelia Flor das galegas e galegos”
A exposición estará na praza Antonio Palacios ata o 14 de abril. Esta fin de semana celebrarase a II Mostra da Camelia no Parque do Cristo.
O comercio do Porriño ten a súa disposición a intelixencia artificial para impulsar as súas vendas
A UNED organiza, coa colaboración do Concello do Porriño, unha xornada formativa de balde o vindeiro 10 de xuño para dotar aos negocios locais de ferramentas dixitais de vangarda. Xa está aberto o prazo de inscrición
Alejandro-Lorenzo-Sala-exposicions-de-Palacios-1024x768.jpg
O Porriño licita a ampliación da sala de exposicións Antonio Palacios tras recibir importante material do arquitecto
A reforma deste espazo anexo ten como obxectivo ampliar e reforzar o discurso expositivo con espazo para obras de gran envergadura com o a maqueta de Palacios sobre a cidade de Vigo. A ampliación da sala permitirá dotar ao conxunto e máis versatilidade permitindo presentacións e conferencias ou eventos de divulgación e promoción do arquitecto porriñés. Alejandro Lorenzo: “É o espazo que Palacios se merece no Porriño”
ALUMNOS PRÁCTICAS CONCELLO 1.jpg
O Concello do Porriño reforza o seu compromiso coa empregabilidade moza acollendo alumnado de FP do IES Ribeira do Louro
Tres estudantes do Ciclo Básico de Reforma e Mantemento de Edificios realizan as súas prácticas en servizos municipais, contribuíndo á mellora do contorno urbano. O alcalde destaca a importancia de que os mozos e mozas se formen nun sector con alta demanda laboral como é a construción e a reforma.
VI Trofeo do Porriño XCO e IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT 2.jpg
O ciclismo de montaña volve ao Porriño cunha dobre cita da man da asociación Avanza
Están abertas as inscricións ata o 8 de abril para para o VI Trofeo do Porriño XCO que se celebrará os sábado 11 de abril e para o IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT que se celebrará o domingo 12 no CC A Forna de Budiño.
expo afundacion 2.jpg
O Porriño convértese nun museo ao aire libre coa mostra "Rostros" de Afundación
O Concello do Porriño reforza a súa aposta pola cultura de proximidade transformando durante o mes de abril o Parque do Cristo nunha galería de arte urbana, coa colaboración con ABANCA e Afundación