O Porriño convértese nun museo ao aire libre coa mostra "Rostros" de Afundación

O Concello do Porriño reforza a súa aposta pola cultura de proximidade transformando durante o mes de abril o Parque do Cristo nunha galería de arte urbana, coa colaboración con ABANCA e Afundación

O Porriño, 1 de abril de 2026. O Parque do Cristo transfórmase este mes de abril nunha galería de arte de excepción. A exposición "Rostros", froito da colaboración estratéxica entre o Concello do Porriño, ABANCA e Afundación, achega á rúa unha selección imprescindible de obras que percorren a historia do retrato en Galicia. Desde o realismo de Sotomayor ata a modernidade de Maruja Mallo ou Laxeiro, a mostra convida á veciñanza a redescubrir os seus espazos habituais a través da mirada dos grandes mestres, convertendo un paseo cotián nunha experiencia cultural de primeiro nivel.

Esta mostra, ao abeiro do proxecto Corrente Cultural, nace para dar a coñecer a nosa arte desde o corazón das vilas, nas rúas. Unha selección de obras de diferentes autorías, atesouradas nas coleccións de arte de ABANCA e Afundación, adáptanse a formato fotográfico para exhibiren o mellor do xénero do retrato. "É un orgullo para O Porriño converterse no escenario desta 'Corrente Cultural'. Queremos que a arte non estea pechada entre catro paredes, senón que forme parte viva do noso día a día. Traer os rostros de artistas como Seoane ou Lamazares ao Parque do Cristo é unha aposta decidida por democratizar a cultura e poñer o noso concello no mapa das grandes exposicións de Galicia” asegura o alcalde do Porriño que convida a todos os porriñeses e porriñesas a que “se deteñan, miren a estes ollos que nos falan desde o pasado e o presente, e desfruten deste privilexio no corazón da nosa vila."

O acto de inauguración tivo lugar este mércores 1 de abril, na Praza do Cristo do Porriño e contou coa asistencia do alcalde do Concello do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo; a subdirectora da oficina de ABANCA no Porriño, María Cristina Rodríguez

Real; o xestor especialista da oficina de ABANCA no Porriño, Abel Gallego Rodríguez; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación e Responsable de Exposicións, Paloma Vela. Vera explicou que “estas imaxes abranguen 120 anos de arte, dende o romanticismo ao naturalismo, as vangardas… para que cada un descubra cal é a linguaxe que máis lle interesa”.

Artistas

Sotomayor | Dionisio Fierros | Juan Luis | Ramón Caamaño | Julia Minguillón | María Antonia Dans | Segura Torrella | Legísima | Santi Jiménez | Luís Seoane | Maruja Mallo | Jano Muñoz | Laxeiro | Antón Lamazares | Soledad Penalta | Din Matamoro | Murado…

O retrato na mostra

Considérase retrato a imaxe dunha persoa reproducida en pintura, escultura, debuxo ou fotografía, que describe a aparencia e o carácter do individuo representado. Ao longo da historia da arte, o retrato foi un dos xéneros de maior prestixio, cuxo interés radica en que non só se trata dunha representación do individuo, senón que tamén nos fala das diferentes épocas históricas, os seus códigos e os seus sinais de identidade. Hoxe en día, as imaxes de rostros enchen as nosas pantallas, dende as redes sociais ata as campañas publicitarias na Internet ou na televisión ou en medios escritos, e reflexan a nosa sociedade globalizada e conectada. Os selfies da era dixital democratizan a arte do autorretrato, xogando un importante papel na construción de identidades persoais e colectivas.

Esta mostra invita a explorar as diferentes e fascinantes interpretacións que as e os artistas fixeron (e fan) deste xénero, mergullarnos nas lembranzas das xentes que evocan, nas sensacións que transmiten, e nas novas fórmulas que foron introducindo desde finais do século XIX ata os nosos días, ao compás dos movementos artísticos que se van sucedendo.

NOVAS / CONCELLO
feria-apicola-3-768x768.jpg
O Porriño convértese de novo na capital do mel: ciencia, gastronomía e tradición únense nun programa único
Unhas Xornadas Internacionais de Apicultura serán a antesala no Porriño da XXXVIII Feira Apícola. A vila ofrecerá showcookings, catas comentadas, rutas de tapas e actividades infantís os días 17 e 18 de abril
PARQUE-TORNEIROS-FASE-II-4-1-1024x598.jpg
O Concello do Porriño licitará un novo parque infantil con zona de auga para a fase II de Torneiros
O proxecto contempla a renovación e mellora dunha área de uso público, mediante a implantación dun conxunto de elementos que combinan o xogo infantil, o uso recreativo da auga o espazo de lecer, configurando un entorno atractivo, inclusivo e adaptado a diferentes rangos de idade. O granito do Porriño en bancadas e xardineiras complementa un novo espazo verde dando identidade e e harmonía cromática ao conxunto.
CONCURSO-PINTURA-RAPIDA2-768x768.jpg
III CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA: PINTANDO A PALACIOS
O Concello do Porriño convoca o seu III Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, que terá lugar o día 13 xuño de 2026 no Porriño.
WhatsApp-Image-2026-04-07-at-13.55.29-1024x682.jpg
O Porriño arranca a semana da Camelia coa inauguración da “Exposición A Camelia Flor das galegas e galegos”
A exposición estará na praza Antonio Palacios ata o 14 de abril. Esta fin de semana celebrarase a II Mostra da Camelia no Parque do Cristo.
Alejandro-Lorenzo-Sala-exposicions-de-Palacios-1024x768.jpg
O Porriño licita a ampliación da sala de exposicións Antonio Palacios tras recibir importante material do arquitecto
A reforma deste espazo anexo ten como obxectivo ampliar e reforzar o discurso expositivo con espazo para obras de gran envergadura com o a maqueta de Palacios sobre a cidade de Vigo. A ampliación da sala permitirá dotar ao conxunto e máis versatilidade permitindo presentacións e conferencias ou eventos de divulgación e promoción do arquitecto porriñés. Alejandro Lorenzo: “É o espazo que Palacios se merece no Porriño”
O comercio do Porriño ten a súa disposición a intelixencia artificial para impulsar as súas vendas
A UNED organiza, coa colaboración do Concello do Porriño, unha xornada formativa de balde o vindeiro 10 de xuño para dotar aos negocios locais de ferramentas dixitais de vangarda. Xa está aberto o prazo de inscrición
ALUMNOS PRÁCTICAS CONCELLO 1.jpg
O Concello do Porriño reforza o seu compromiso coa empregabilidade moza acollendo alumnado de FP do IES Ribeira do Louro
Tres estudantes do Ciclo Básico de Reforma e Mantemento de Edificios realizan as súas prácticas en servizos municipais, contribuíndo á mellora do contorno urbano. O alcalde destaca a importancia de que os mozos e mozas se formen nun sector con alta demanda laboral como é a construción e a reforma.
VI Trofeo do Porriño XCO e IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT 2.jpg
O ciclismo de montaña volve ao Porriño cunha dobre cita da man da asociación Avanza
Están abertas as inscricións ata o 8 de abril para para o VI Trofeo do Porriño XCO que se celebrará os sábado 11 de abril e para o IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT que se celebrará o domingo 12 no CC A Forna de Budiño.