O ciclismo de montaña volve ao Porriño cunha dobre cita da man da asociación Avanza

Están abertas as inscricións ata o 8 de abril para para o VI Trofeo do Porriño XCO que se celebrará os sábado 11 de abril e para o IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT que se celebrará o domingo 12 no CC A Forna de Budiño.

O Porriño, 2 de abril de 2026. O Concello do Porriño prepárase para recibir unha fin de semana de máxima adrenalina coa celebración de dúas probas fundamentais no calendario do ciclismo de montaña galego. Xa se atopa aberto, ata o vindeiro 8 de abril, o prazo de inscrición para o VI Trofeo do Porriño XCO, que terá lugar o sábado 11 de abril, e para o IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT, que se celebrará o domingo 12 de abril. Ambas citas discorrerán no emblemático circuíto do CC A Forna, na parroquia de Budiño, baixo a organización da A.D. Avanza.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo coordinador da proba, David García, participou na presentación oficial deste evento deportivo que xa é un referente histórico nos montes locais. Durante o acto, que contou coa presenza de numerosos nenos e nenas da escola de ciclismo, o rexedor puxo en valor a importancia de fomentar o deporte e a conservación da natureza, destacando o labor de Avanza á hora de inculcar a cultura do esforzo entre a mocidade. A cita non será só competitiva, senón que se presenta como dúas xornadas de convivencia nas que o público poderá contemplar case a totalidade do percorrido dende diversos puntos, contando ademais con servizo de cantina grazas á colaboración da Asociación de Veciños.

A xornada do sábado 11 estará dedicada ao VI Trofeo do Porriño XCO, con saída prevista para as 15:00 horas e recollida de dorsais dende unha hora antes. A proba conta cun límite de 400 participantes e abrangue un amplo abano de categorías, dende Cadetes ata Máster 60, incluíndo as modalidades Elite e Sub-23, tanto en categoría feminina como masculina. O domingo 12 será a quenda dos máis novos co IX Trofeo MiniBTT, que poderá acoller ata 500 ciclistas nas categorías Promesa, Principiante, Benxamín e Alevín. Para esta cita, a entrega de dorsais realizarase o propio domingo a partir das 09:00 horas, dándose a primeira saída oficial ás 10:00 horas.

O evento, que conta coa estreita colaboración da Comunidade de Montes e o Concello do Porriño, promete converter a Budiño no epicentro do BTT galego, reafirmando o compromiso da vila coas disciplinas deportivas de base e a promoción da súa contorna natural.

NOVAS / CONCELLO
feria-apicola-3-768x768.jpg
O Porriño convértese de novo na capital do mel: ciencia, gastronomía e tradición únense nun programa único
Unhas Xornadas Internacionais de Apicultura serán a antesala no Porriño da XXXVIII Feira Apícola. A vila ofrecerá showcookings, catas comentadas, rutas de tapas e actividades infantís os días 17 e 18 de abril
PARQUE-TORNEIROS-FASE-II-4-1-1024x598.jpg
O Concello do Porriño licitará un novo parque infantil con zona de auga para a fase II de Torneiros
O proxecto contempla a renovación e mellora dunha área de uso público, mediante a implantación dun conxunto de elementos que combinan o xogo infantil, o uso recreativo da auga o espazo de lecer, configurando un entorno atractivo, inclusivo e adaptado a diferentes rangos de idade. O granito do Porriño en bancadas e xardineiras complementa un novo espazo verde dando identidade e e harmonía cromática ao conxunto.
CONCURSO-PINTURA-RAPIDA2-768x768.jpg
III CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA: PINTANDO A PALACIOS
O Concello do Porriño convoca o seu III Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, que terá lugar o día 13 xuño de 2026 no Porriño.
WhatsApp-Image-2026-04-07-at-13.55.29-1024x682.jpg
O Porriño arranca a semana da Camelia coa inauguración da “Exposición A Camelia Flor das galegas e galegos”
A exposición estará na praza Antonio Palacios ata o 14 de abril. Esta fin de semana celebrarase a II Mostra da Camelia no Parque do Cristo.
O comercio do Porriño ten a súa disposición a intelixencia artificial para impulsar as súas vendas
A UNED organiza, coa colaboración do Concello do Porriño, unha xornada formativa de balde o vindeiro 10 de xuño para dotar aos negocios locais de ferramentas dixitais de vangarda. Xa está aberto o prazo de inscrición
Alejandro-Lorenzo-Sala-exposicions-de-Palacios-1024x768.jpg
O Porriño licita a ampliación da sala de exposicións Antonio Palacios tras recibir importante material do arquitecto
A reforma deste espazo anexo ten como obxectivo ampliar e reforzar o discurso expositivo con espazo para obras de gran envergadura com o a maqueta de Palacios sobre a cidade de Vigo. A ampliación da sala permitirá dotar ao conxunto e máis versatilidade permitindo presentacións e conferencias ou eventos de divulgación e promoción do arquitecto porriñés. Alejandro Lorenzo: “É o espazo que Palacios se merece no Porriño”
ALUMNOS PRÁCTICAS CONCELLO 1.jpg
O Concello do Porriño reforza o seu compromiso coa empregabilidade moza acollendo alumnado de FP do IES Ribeira do Louro
Tres estudantes do Ciclo Básico de Reforma e Mantemento de Edificios realizan as súas prácticas en servizos municipais, contribuíndo á mellora do contorno urbano. O alcalde destaca a importancia de que os mozos e mozas se formen nun sector con alta demanda laboral como é a construción e a reforma.
expo afundacion 2.jpg
O Porriño convértese nun museo ao aire libre coa mostra "Rostros" de Afundación
O Concello do Porriño reforza a súa aposta pola cultura de proximidade transformando durante o mes de abril o Parque do Cristo nunha galería de arte urbana, coa colaboración con ABANCA e Afundación