O Porriño arranca a semana da Camelia coa inauguración da “Exposición A Camelia Flor das galegas e galegos”

A exposición estará na praza Antonio Palacios ata o 14 de abril. Esta fin de semana celebrarase a II Mostra da Camelia no Parque do Cristo.

O Porriño, martes 7 de abril. - O Concello do Porriño ven de inaugurar a mostra “A Camelia Flor das galegas e galegos”, a última oportunidade este ano de apreciar a historia e a linguaxe desta especie. Unha mostra que pode verse ata o 14 de abril na praza Antonio Palacios e na que podemos atopar múltiples curiosidades sobre esta flor unida a múltiples efemérides a nivel mundial: vencellada ao sufraxio feminino, a loita contra a escravitude no Brasil, ou, no mundo da moda, á emperatriz Sisí e a propia Channel.

Nesta exposición, a través de 16 expositores podemos adentrarnos en todas estas historias e tamén aos fermosos xardíns da Ruta da Camelia, iniciada fai 20 anos pola SEC, pola Sociedade Española da Camelia, que ademáis este 2026 está de aniversario, cumpren 25.

Na inauguración estiveron presentes o deputado provincial, Javier Tourís, Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo que destacou a importante tradición da Camelia na comunidade, “a súa profunda pegada cultural, histórica e mesmo social”. Neste senso agradeceu á Sociedade Española da Camelia o seu traballo incansable durante estas dúas décadas, e felicitounos polo seu 25 aniversario, que celebran este ano, “e O Porriño é o mellor lugar para celebrar unhas vodas de plata”- engadiu- convidando a toda a veciñanza “ a achegarse a esta exposicion e a descubrir as historias que agochan estas flores, así como a gozar da II Mostra da Camelia que celebraremos esta fin de semana. O Porriño segue apostando pola cultura, pola divulgación e polo orgullo do noso."

Agradecía o rexedor tamén a colaboración da Deputacción de Pontevedra, ”polo seu apoio constante e por iniciativas tan singulares como o TéAreeiro, que demostran que Galicia pode innovar desde o que é propio” e lembraba tamén que Xunto á Deputación celébrase esta fin de semana a II Mostra da Camelia.

Neste mesmo senso Javier Tourís puña en valor o TéAreeiro que se degustou tras a presentación, “un té natural que está xa nas cartas de algún chef con Estrella Michelín”, apuntando que se asinará un convenio coa Xunta de Galicia para seguir potenciándoo. “A camelia engancha”, aseguraba Carmen Salinero, apuntando que non só é a fermosura da flor, senón os productos que dela se derivan. O té, pero tamén o aceite.

II Mostra da Camelia

A inauguración, de feito, é a antesala da A II Mostra da Camelia que terá lugar o sábado 11 de abril, de 16:00 a 20:00 h; e o domingo 12 de abril, de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. na praza do Cristo, de novo cunha mostra de flor de diferentes expositores, a meirande parte particulares.

A inauguración oficial desta segunda edición terá lugar o propio sábado ás 12 da mañá e polo momento hai xa máis de medio cento de inscritos, de xeito que “agardamos que a mostra sexa aínda máis concurrida que a do ano pasado”, explica o concelleiro de Cultura e Fernas, Bienvenido Estévez. O prazo de inscripción estará aberto ata o xoves no departamento de cultura, no 986 33 76 24.

NOVAS / CONCELLO
feria-apicola-3-768x768.jpg
O Porriño convértese de novo na capital do mel: ciencia, gastronomía e tradición únense nun programa único
Unhas Xornadas Internacionais de Apicultura serán a antesala no Porriño da XXXVIII Feira Apícola. A vila ofrecerá showcookings, catas comentadas, rutas de tapas e actividades infantís os días 17 e 18 de abril
PARQUE-TORNEIROS-FASE-II-4-1-1024x598.jpg
O Concello do Porriño licitará un novo parque infantil con zona de auga para a fase II de Torneiros
O proxecto contempla a renovación e mellora dunha área de uso público, mediante a implantación dun conxunto de elementos que combinan o xogo infantil, o uso recreativo da auga o espazo de lecer, configurando un entorno atractivo, inclusivo e adaptado a diferentes rangos de idade. O granito do Porriño en bancadas e xardineiras complementa un novo espazo verde dando identidade e e harmonía cromática ao conxunto.
CONCURSO-PINTURA-RAPIDA2-768x768.jpg
III CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA: PINTANDO A PALACIOS
O Concello do Porriño convoca o seu III Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, que terá lugar o día 13 xuño de 2026 no Porriño.
O comercio do Porriño ten a súa disposición a intelixencia artificial para impulsar as súas vendas
A UNED organiza, coa colaboración do Concello do Porriño, unha xornada formativa de balde o vindeiro 10 de xuño para dotar aos negocios locais de ferramentas dixitais de vangarda. Xa está aberto o prazo de inscrición
Alejandro-Lorenzo-Sala-exposicions-de-Palacios-1024x768.jpg
O Porriño licita a ampliación da sala de exposicións Antonio Palacios tras recibir importante material do arquitecto
A reforma deste espazo anexo ten como obxectivo ampliar e reforzar o discurso expositivo con espazo para obras de gran envergadura com o a maqueta de Palacios sobre a cidade de Vigo. A ampliación da sala permitirá dotar ao conxunto e máis versatilidade permitindo presentacións e conferencias ou eventos de divulgación e promoción do arquitecto porriñés. Alejandro Lorenzo: “É o espazo que Palacios se merece no Porriño”
ALUMNOS PRÁCTICAS CONCELLO 1.jpg
O Concello do Porriño reforza o seu compromiso coa empregabilidade moza acollendo alumnado de FP do IES Ribeira do Louro
Tres estudantes do Ciclo Básico de Reforma e Mantemento de Edificios realizan as súas prácticas en servizos municipais, contribuíndo á mellora do contorno urbano. O alcalde destaca a importancia de que os mozos e mozas se formen nun sector con alta demanda laboral como é a construción e a reforma.
VI Trofeo do Porriño XCO e IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT 2.jpg
O ciclismo de montaña volve ao Porriño cunha dobre cita da man da asociación Avanza
Están abertas as inscricións ata o 8 de abril para para o VI Trofeo do Porriño XCO que se celebrará os sábado 11 de abril e para o IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT que se celebrará o domingo 12 no CC A Forna de Budiño.
expo afundacion 2.jpg
O Porriño convértese nun museo ao aire libre coa mostra "Rostros" de Afundación
O Concello do Porriño reforza a súa aposta pola cultura de proximidade transformando durante o mes de abril o Parque do Cristo nunha galería de arte urbana, coa colaboración con ABANCA e Afundación