Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra do Miño xunto coas rexedoras de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e de Porriño, Eva Garcia despregaron hoxe unha pancarta cun lazo negro no viaduto de Parderrubias, na estrada PO-510, preto do Alto Da Brava onde pasou o venres pola noite, o accidente no que morreron unha muller e dous dos seus fillos.
A Policía Local notifica unha serie de cortes e cambios de tráfico rodado para vehículos, debido aos traballos de mantemento que ADIF realizará a partir das 23 horas deste domingo 21 e ata as 6 da mañá do luns 22, na zona do paso a nivel.
Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, asistida por Daniel Rodríguez, inspector xefe da Policía Local, entregou hoxe as tarxetas acreditativas ás voluntarias e voluntarios que participan na campaña de control da poboación felina que promove o Concello. Deste xeito, existe un rexistro de control para o coñecemento da Policía Local e para cumprir o que esixe a normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia.
A alcaldesa Eva García dirixiu esta mañá unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, instándolle a considerar que a Xunta de Galicia amplie o prazo para formalizar os trámites necesarios para o "Plan de Hostalería Segura"
Lourdes Moure, concelleira de Seguridade fixo hoxe unha declaración dirixida á hostalería local "para tranquilizalos" sobre a campaña informativa desenvolvida pola Policía Local para dar a coñecer as restricións requiridas e garantir o seu cumprimento por parte dos establecementos.
Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.
Todo o persoal da Policía Local do Porriño vacinarase contra o Covid. En total 23 persoas. A relación xa se enviou ao Servizo Galego de Saúde, a través da FEGAMP que media a xestión e que notificou á Concellería de Seguridade que o persoal policial vacinarase a partir do 5 de marzo.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Seguridade, agradece "a colaboración e a paciencia dos cidadáns para que a campaña de vacinación para maiores de 80 anos que comezou hoxe no Centro de Saúde transcorra sen aglomeracións", segundo a concelleira, Lourdes Moure.
A Policía Local colaborará a partir do vindeiro luns 22 para evitar aglomeracións no Centro de Saúde onde comezará a vacinación contra a Covd de persoas maiores de 80 anos dos concellos de Porriño, Mos e Salceda.
O Grupo de Voluntarios de Protección Civil do Porriño realizou ao longo da madrugada e durante a madrugada varias intervencións a petición do 112 e da Policía Local, por balsas de auga e inundacións polas fortes choivas.
O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, establecido no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria.
Daniel Rodríguez, Inspector Xefe e os Oficiais Antonio Pereira Nandín e Adolfo Suarez Piñeiro, e os axentes Benjamín Blanco, Francisco Javier Rodríguez, Sergio García e Brais Roca, todos eles membros da Policía Local do Porriño naquel intre, recibirán a Medalla ao Mérito Policial en recoñecemento pola súa intervención nun acto de servizo.