Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, participou hoxe como unha alumna máis, na primeira quenda dos cursos de defensa persoal feminina que retomou o Concello do Porriño despois da obrigada paralización en 2020, a consecuencia da pandemia.
A Concellería de Seguridade Cidadá comunica que o vindeiro sábado 27 de novembro retomaranse as clases de autodefensa para as mulleres que xa se lles ensinaba antes da pandemia.
O concelleiro responsable, Sergio Casal valorou "a boa acollida" que tivo a nova localización do mercado ambulante que hoxe abriu na rúa Leandro Diz e parte da rúa Xogo da Ola. O concelleiro destacou “a boa acollida do público en xeral e o acordo total cos vendedores ambulantes”.
O concelleiro de Mercados, Sergio Casal e unha representación de vendedores ambulantes acordaron este mediodía trasladar o mercado semanal á rúa Leandro Diz. Concretamente no tramo da rúa Leandro Diz comprendido entre o cruce coa rúa Xogo da Ola ata a cervexería "Colleo co pinzas".
A Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira informa que as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez van comezar o vindeiro mércores 3 de novembro. A data foi elixida para evitar a coincidencia co mercado ambulante que para as vindeiras semanas será trasladado namentres duren as obras.
A concelleira de Seguridade, Lourdes Moure recibiu hoxe a Jesús Gónzalez Pexegueiro, técnico responsable do Servizo Municipal de Protección Civil para felicitalo pola distinción que recibirá en breve. O Diario Oficial de Galicia publicou unha lista de distincións que proximamente se outorgarán aos membros de Protección Civil de diversos concellos, entre eles o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño.
O Concello do Porriño informa que o vindeiro luns día 18, sempre que o tempo o permita, procederase a realizar traballos de sinalización horizontal na rúa Xogo da Ola e no treito entre esta vía coa rúa Leandro Diz ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez.
A Policía Local e a agrupación de Protección Civil do Porriño anuncian que mañá sábado día 2, realizarán cortes intermitentes de tráfico polo paso do evento ciclista "Grava & Polbo".Os cortes de tráfico están previstos entre as 9.30 e as 11.00 horas.O tramo afectado no Porriño por estes cortes será de 5 quilómetros de estradas desde o acceso de Herville á parroquia de Chenlo, baixando por Mosende ata chegar á estrada de Ribadelouro, xa no concello de Tui.Grava & Polbo é unha marcha ciclista non competitiva para bicis de grava. Este evento desenvolverase por estradas, pistas forestais e camiños da provincia. A saída e chegada situaranse na praza do Concello de Gondomar.
A Policía Local alerta dos cortes de tráfico que se producirán este venres, ao mediodía, cunha duración de 15 a 30 minutos, nas estradas polo paso da Volta Ciclista a Galicia.A etapa Ponteareas-Ponteareas que comezará ás 12:00 dende a vila do Tea, entrará no Porriño por Cans, pola N-120, arredor das 12:15, dependendo da velocidade á que transite o pelotón. Ao pasar polo centro de Porriño hai unha meta volante na cafetería Platinium. A carreira discorrerá pola rúa Antonio Palacios, xirará na rotonda cara á avenida Domingo Bueno e conectará coa estrada nacional 550 en dirección a Tui. A caravana virará cara a Atios e Budiño segundo o libro de ruta da etapa que publicamos na imaxe adxunta. A previsión é que ao redor das 12.30 conclúa o paso da etapa por Porriño.
A Policía Local do Porriño anuncia que este sábado 4 de setembro, coa ocasión do paso da etapa da Volta Ciclista a España, realizará cortes de tráfico, en horarios de mañá e tarde, nas rúas afectadas polo paso da carreira.
A concelleira de Festas, Cami Moreira presidiu esta mañá unha reunión de traballo para establecer os protocolos de seguridade para o II Festival "Sons da Canteira", evento organizado polo Concello do Porriño, que volverá o próximo 28 de agosto á canteira en proceso de restauración de Vilafría. Xunto coa concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, asistiron por parte do Concello, el oficial xefe en funcións da Policía Local e o responsable da agrupación de Protección Civil. Tamén participaron mandos da Garda Civil e os responsables da empresa promotora do espectáculo, "Doppler Gestión Cultural"."Sons da Canteira establece estritos protocolos de seguridade e distanciamento social para un aforo reducido de persoas ao aire libre. O festival ten, ademais, persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos.Os protocolos de seguridade, coa experiencia acadada na edición de 2020, son basicamente os mesmos cos engadidos que require o aumento de aforo que haberá este ano. En 2020 houbo 500 espectadores e para este ano haberá 600.
A partires do vindeiro luns 2 de agosto, as oficinas do Concello do Porriño recuperarán a atención presencial en todas as dependencias agás no departamento de Servizos Sociais. Nas oficinas de Servizos Sociais manterase un control de aforamento e requirira cita previa para atención, aínda que se simplificará a petición por teléfono ou en persoa.