A alcaldesa, Eva García e o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira comprobaron hoxe, xunto cos deputados provinciais, Carlos López Font e Santos Héctor o desarrollo das obras de reforma urbana na rúa Doantes de Sangue. A actuación tradúcese nunha ampliación de beirarrúas, mellora da seguridade vial mediante resaltos para o calmado do tráfico e pasos peonís nos accesos tanto aos centros docentes alí existentes como tamén ás instalacións do Polideportivo Municipal e outros edificios oficiais e privados.
A Policía Local do Porriño informa que onte domingo, pola tarde, impuxeronse as tres primeiras denuncias por incumprimento da restricción de fumar sen respetar unha distancia de 2 metros. Dúas desas sanciones levantaronse contra un camareiro e un cliente dun mesmo establecemento de hostalaría do casco urbano que estaban fumando sen gardar a distancia social. O terceiro caso denunciouse por fumar na vía pública incumprindo tamén o preceptúado na normativa que aprobou a Xunta de Galicia e que está en vigor dende o pasado xoves 14 de agosto. A Policía Local do Porriño informa que tamén onte levantaronse 5 denuncias a peóns que circulaban sen facer uso da máscara. Dúas delas, tramitaronse contra veciños do Polígono de Torneiros e as tres restantes no casco urbano.Dende a Concellería de Seguridade lémbrase á veciñanza do Porriño a obrigatoriedade de empregar a máscara de protección cando salgan ás rúas, aínda que sexa para baixar o lixo ou para coller o coche así como nas zonas comúns nos edificios de vivendas.
A Policía Local do Porriño fixo balanzo de actuacións en materia de seguridade vial no mes de xullo que arroxa 36 multas por conducir baixo os efectos do alcohol, drogas ou co carné caducado.
O Concello do Porriño informa que este mércores día 22 realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda das Gándaras que afectará ao tráfico rodado do acceso sur aos polígonos industriais de As Gándaras e A Granxa. A empresa “ENDENOR, Construcción, Mantenimiento y Servicios”, adxudicataria da contrata, informou ao Concello que a duración dos traballos será dun día, de xeito que o xoves 23, recuperarase á normalidade, se non xurde algún imprevisto. Os traballos a realizar son o levantado e novo asfaltado da rotonda sur das Gándaras sita a continuación da saída 21 da Autovía A-55 en dirección Tui, polo que cumpre cortar o tráfico rodado. Mentres duren as obras, a circulación de vehículos cara ao sur do Polígono das Gándaras, se realizará pola saída anterior, número 18. Tamén o acceso dende a rotonda sur do polígono de A Granxa, queda cortado namentres se realizan estes traballos, desviándose a circulación entre o sur dos polígonos á altura da saída 18 da A-55, dirección Tui. O Concello do Porriño agradece a colaboración dos condutores e usuarios.
O Concello do Porriño anuncia a entrada en funcionamento de botóns de proximidade que non precisan contacto táctil para activar os semáforos. Trátase dunha medida relacionada cos protocolos de prevención anti-Covid19 co fin de previr riscos de contaxio.
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
Mañá venres 26 están convocadas catro comisións informativas, preparatorias do pleno municipal que terá lugar o vindeiro martes 30. A sesión é a ordinaria de xuño que se adiou con motivo de que o mércores 24 fose festivo. As comisións convocadas serán as de Economía, Urbanismo, Parques e Limpeza, e Seguridade que terán lugar entre as 17 e as 18 horas. Entre os asuntos que se someterán á consideración dos grupos municipais figura a posible incorporación do Porriño ao Centro de Recollida de Animais (CAAN) dependente da Deputación Provincial e a modificación da ordenanza reguladora do estacionamento (Zona Azul). Tamén levase a comisión para informar previamente cara ao pleno, a aprobación inicial do crédito extraordinario 2/2020 para recoñecemento extraxudicial de facturas de exercicios anteriores por un importe superior aos dous millóns de euros.
Sergio Casal, concelleiro responsable de comercio e industria comprometeuse a instalar máis contedores de lixo e mellorar a sinalización vertical no polígono industrial de A Granxa. Casal Quintas asistiu hoxe en representación do Concello do Porriño á reunión da comisión delegada da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial de A Granxa.O concelleiro e a representación de empresarios do Polígono, encabezados por Indalecio Cuevas e David Sobral, presidente e xerente da Entidade Urbanística de Conservación, abordaron máis asuntos. Ademais dos referidos, Concello e empresarios de A Granxa acordaron facer consultas coa Xunta de Galicia interesando información sobre o estado das obras de conexión da Autovía A-55 coa estrada de Salceda. Tamén determinouse consultar coa empresa adxudicataria do asfaltado da rotonda de entrada ao Polígono. Por outra banda, Sergio Casal tomou nota das solicitudes de máis zonas verdes, limpeza das táxeas da vía do tren e arranxo de beirarrúas dentro do recinto.A Entidade Urbanística de Conservación agrupa a centenar e medio de empresas asentadas no medio millón de metros cadrados que ocupa o Polígono Industrial de A Granxa.
O Concello do Porriño ven de sacar a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2020.
Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.
Dous axentes da Policía Local do Porriño acadaron reanimar con éxito a unha nena de 2 anos que estaba atragoada e xa non respiraba. Os feitos ocorreron onte sábado, ás 19,40 horas. Os pais da nena acudiron á Xefatura da Policía Local coa nena explicando que acababa de atragoarse na casa. Un dos axentes que estaban de garda, fixo a manobra de reanimación cardiorrespiratoria a que respondeu co éxito, namentres o outro axente solicitou unha ambulancia. Cando chegaron os efectivos sanitarias, a nena xa estaba reanimada. Non obstante foi trasladada ata o Centro de Saúde do Porriño para a súa valoración. Tanto dende a Alcaldía coma pola Concellería de Seguridade valorase moi positivamente a actuación dos axentes que ven a revalorizar a importancia da formación continua pola que aposta o goberno municipal porriñés. Toda a plantilla da Policía Local recibiu e completou en 2019 un curso de reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibriladores (DESA) para poder atender emerxencias como a ocorrida onte. Ao mesmo tempo todos os vehículos de patrulla están equipados cun “DESA” que se engade ó restante material que levan para atender emerxencias.De feito xa en novembro pasado, a dotación dun coche patrulla da Policía Local do Porriño atendeu a un condutor en parada cardiorrespiratoria que sufriu un accidente na rotonda do Cristo de Belén, acadando a súa estabilización ata que chegou a ambulancia do 061.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Tráfico, fai un chamamento aos porriñeses para que observen o xeito de circulación peonil polas beirarrúas para cumprir coas normas de distancia social e seguridade que impón o actual estado de alarma. É dicir: que circulen polas beirarrúas pola man dereita, segundo o sentido da marcha, evitando cruzarse.