A Policía Local do Porriño informa da interceptación, por segunda vez en tres días, dun conductor que infrinxiu o estado de alarma. Nesta segunda ocasión, ía acompañado dunha muller que estaba oculta, nos asentos traseiros. Segundo o atestado policial, a muller presentaba síntomas compatibles co “Covid-19” e foi trasladada en ambulancia.Os feitos acaeceron na noite do venres 17. Nun control da Policía Local, o vehículo que conducía este individuo foi interceptado. Ainda que inicialmente intentou fuxir do control, rematou desistindo e obedecendo os sinais de alto dos axentes. Comprobouse que xa fora detido nun anterior control, o martes 14 e que tiña o permiso de conducir suspendido. Por estes feitos, ambos ocupantes do coche foron denunciados por incumprir o estado de alarma. E a maiores, o conductor denunciado ante o xulgado de garda por presunto delito contra a seguridade vial e o vehículo inmovilizado. Por outra banda, a Policía Local do Porriño informa que ata o mediodía do sábado 18 de abril e dende o inicio do estado de alarma, impuxeronse 285 denuncias por diversas infraccións. A tramitación das correspondentes sancións económicas corresponderá á Subdelegación do Goberno. A contía das multas oscila entre 600 e 30.000 €.
Hoxe continuou o reparto de máscaras protectoras nos accesos aos polígonos industriais do Porriño, a cargo de axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, en colaboración coa Garda Civil, como pódese apreciar más imaxes.Entréganse aos traballadores que se desprazan nos seus vehículos particulares ou de empresa así como no transporte público e requiran ese material de protección, segundo precisou a Delegación do Goberno Central en Galicia que é o organismo que coordina este operativo.
Dende as 7 horas desta mañá, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorpóranse nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.
Unha parella circulando en coche pola Avenida Domingo Bueno, ás 1,57 da madrugada de hoxe; a maiores, o conductor, un varón de 37 anos, bébedo xa que triplicaba a taxa de alcohol na proba de alcoholemia, é o último caso denunciado pola Policía Local de O Porriño por incumprimento do estado de alarma. Neste caso, ademais, da correspondente sanción que lles impoña a Subdelegación de Goberno a ambos, hai outras consecuencias porque a Policía Local inmovilizou o vehículo e instruironse dilixencias contra o conductor por presunto delito contra a seguridade vial, remitidas ao xulgado de garda.Con este episodio, a Policía Local de O Porriño totaliza ata a mañán de hoxe, 193 denuncias por rachar e incumprir o confinamento decretado polo Goberno a causa da pandemia do “Covid-19”. Polo tanto arroxa unha media de una denuncia por cada 105 habitantes do termo municipal.
A Policía Local de O Porriño realizou 155 denuncias por incumprimentos diversos das medidas de confinamento, ata a mañán día de hoxe e durante as tres tres semanas transcorridas dende que se decretou o estado de alarma. O número de denunciados medrou hoxe venres, xonada na que se impuxeron 16 denuncias ata o mediodía.A meirande parte dos denuncíados son veciños de Porriño pero tamén hai foráneos e transeúntes de Vigo, Tomiño, Mos, Salceda, As Neves e outros concellos da contorna.A infracción máis recorrente é sair a pé ou no coche dar unha volta carecendo de motivo xustificado. En cambio, as denuncias por infrinxir ou propasarse co pretexto de sacar o can, rebaixaronse. Hai varios reincidentes. Destaca o caso dun veciño de Pontellas que xa acumula tres denuncias por infrinxir o confinamento saíndo a pasear coa súa bicicleta sendo interceptado polas patrullas policiais en diferentes puntos do termo municipal. Todas as denuncias son remitidas á Subdelegación do Goberno que se encaga da súa tramitación, valoración dos feitos, imposición da coantía da multa e xestión da mesma. As multas por incumprimento do estado de alarma van dende os 600 euros ata os 30.000 euros, segundo graos. Tan só nun caso dun vecino de O Porriño, a Policía Local deu conta tamén da denuncia ao Xulgado pola gravidade do desacato. Tratase dun “sen teito” que tivo unha conducta desconsiderada coa patrulla policial. Por outra banda, a Policía Local e o Concello de O Porriño “queren agradecer o comportamiento maioritario da veciñanza que observa correctamente o confinamento así como daqueles cidadás que colaboran e avisan ás forzas de seguridade para alertar sobre o comportamento insolidario dalguns”, segundo manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade. Asimesmo a concelleira agradeceu no nome do Concello “o traballo de todos os colectivos profesionais que están a protexernos profesionais sanitarios, servizos de limpeza, forzas e corpos de seguridade do Estado e de xeito particular á Policía Local do Porriño que está ao pé do cañón as 24 horas do día”, engadiu Moure Varela.
A concelleira de Educación e Seguridade, Lourdes Moure manifestou hoxe que “é para Porriño unha satisfacción acoller o inicio e o remate do Campionato de Galicia de Karting 2020 que comezará o vindeiro domingo 8, no circuito da nosa vila”.
A corporación local de Porriño decidiu por unanimidade a cesión dunha parcela ao Centro Tecnolóxico do Automobil de Galicia para habilitar un aparcadoiro e servizos conforme a petición trasladada polo CTAG ao Concello.
A Xunta de Goberno Local, a proposta do concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira acordou incluír no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o ano 2020 a humanización da rúa Aloques ata a súa intersección coa rúa Tarela cun orzamento estimado de 422.000 euros.
O Concello do Porriño foi o anfitrión da Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo que otorgou os seus galardons a pilotos, escuderías, patrocinadores e institucións colaboradoras. O evento tivo lugar no Polideportivo Municipal.
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio da parada dos buses escolares e outras actuacións complementarias de humanización. A adxudicataria dispon ata xuño para realizar ditas obras.
A Concellería de Seguridade anuncia que este vindeiro sábado día 11 de xaneiro reanudaránse as clases de Defensa Persoal Feminina que patrocina o Concello de O Porriño e organizanse a través da Policía Local.
Vinte porriñeses e porriñesas tomarán parte mañán sábado 28 na derradeira quenda do curso “Conduce con xeito” promovido pola Concellería de Seguridade e organizado pola Policía Local para adestrar ós participantes en técnicas de conducción segura en situacións de risco.