Newsletter_Labora-2020_GENERICO-01.jpg
Itinerarios formativos "Labora 2020" para persoas desempregadas
A Concellería de Emprego informa dos itinerarios formativos do programa "Labora 2020" da Deputación de Pontevedra. Trátase dun proxecto cofinancíado polo Fondo Social Europeo, de interese para persoas desempregadas do Porriño.
Porremprego.jpg
O Concello ofrece asesoramento á hostalería, microempresas e autónomos para solicitar as axudas da Xunta
O Concello a través das oficinas de "Porremprego" ofrece asesoramento á hostalería, autónomos e microempresas que poidan estar interesados ​​en solicitar e acollerse á liña de axuda económica do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia.
IMG_6889.jpg
O Concello pretende crear unha bolsa de emprego regular co sector da automoción local
David Alonso, concelleiro de Emprego está a manter reunións telemáticas con empresas do sector da auto moción con diversas propostas de colaboración que inclúen o establecemento dunha bolsa de emprego regular en atención ás necesidades do sector da automoción na comarca.
firma-David-Alonso-con-Aceesca.jpg
Cesión temporal da aula restaurante-bar do Multiusos para unha formación de "Aceesca"
O Concello de Porriño e "Aceesca" asinaron hoxe a cesión de uso temporal da aula de restauración existente no Multiusos Municipal de Torneiros para unha formación práctica de alumnos do centro de educación especial.
Casa-del-Concello-de-O-Porriño.jpg
O Concello anuncia que contratará a 25 persoas para apoiar varios servizos municipais
O Concello do Porriño, a través do departamento de Emprego que dirixe David Alonso, anuncia que xa está aberto o prazo para os interesados ​​e interesadas ​​en obter contratos de 6 meses para os 25 postos de traballo convocados para reforzar diferentes servizos municipais.
taller.jpg
"Porriño Accede" convoca preselección de persoal para a empresa "Maier Ferroplast"
O Concello do Porriño, a través do programa de emprego "Porriño Accede", anuncia unha preselección de persoal para a empresa "Maier Ferroplast". Haberá un proceso de formación a cargo da empresa e compromiso de inserción do 40% do grupo.
xg_multiusostorneirosl.jpg
O Concello creou un Servizo de Asesoramento a Emprendedores
O Concello do Porriño anuncia que puxo en marcha o Servizo de Asesoramento ao Emprendemento que comezará a funcionar a partir do vindeiro luns 18. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Emprego dirixida por David Alonso, con financiamento municipal e coa contribución da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego.
IMG_5240.jpg
O programa "Porriño Accede" conseguiu 75 prazas de emprego
O programa de formación e inserción "Porriño Accede" obtivo a inserción laboral de 75 persoas, todas elas residentes no municipio, durante este ano 2020. A maioría das inseridas no mercado laboral estaban desempregadas.  Todos eles participaron nos cursos de aprendizaxe impartidos por "Porremprego" no Multiusos de Torneiros así como nas posteriores prácticas nas empresas colaboradoras con esta iniciativa do Consello, a través da Concellería de Emprego.
IMG_4601.jpg
O Concello adxudicou o segundo lote de axudas pola Covid a autónomos e micro empresas do Porriño
Un segundo lote de axudas económicas directas por un importe de 24.990 euros adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.
IMG_4267.jpg
O Concello adxudica a primeiro lote de axudas pola Covid a autónomos e micro empresas do Porriño
Un primeiro lote de axudas económicas directas por un importe aproximado de 50.000 € adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.
Multiusos-Aula-Cemit-Porrino.jpg
Aberta a Aula "Cemit" no Multiusos Municipal de Torneiros
A Concellería de Novas Tecnoloxías comunica que a Aula CEMIT do Concello do Porriño xa está aberta ao público nas instalacións do Multiusos Municipal de Torneiros.
PHOTO-2020-10-19-10-45-11.jpg
Catro técnicos para reforzo en "Porremprego"
Catro novos contratados laborais veñen de incorporarse nestes días as oficinas de "Porremprego", segundo informa a Concellería de Emprego que dirixe David Alonso. Trátase de dous orientadores laborais, un técnico de emprego e unha traballadora social. Prestarán servizo durante doce meses. Os seus contratos están subvencionados pola Deputación Provincial con cargo ao programa "O teu primeiro emprego".