As cociñas do Centro Multiusos de Torneiros, dependentes do Concello do Porriño, acolleran a finais do presente mes, un curso de cociña creativa que impartirá o chef galego Iván Méndez, orientado a persoas cunha actividad laboral ligada ao sector hostaleiro. Esta actividade forma parte dos itinerarios formativos “Coas mans na masa” que propon a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural que retoma a súa programación despois dos meses de forzosa paralización polo estado de alarma.
A Concellería de Persoal quere aclarar que as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir interinamente 3 prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, NON DEBEN PRESENTAR AÍNDA AS SÚAS SOLICITUDES ANTE O CONCELLO.
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
As imaxes corresponden ás tarefas de reparación de bancos, valados e outros elementos do mobiliario urbano do parque de Alba que están a realizarse no Multiusos de Torneiros, antes de o seu traslado e colocación nesa zona de lecer. O concelleiro de Parques e Xardíns, Sergio Casal supervisou eses traballos previos nos que están a participar persoal propio municipal e novos contratados a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial que están a incorporarse nestes días.
A partir deste mes de xullo comezan no Porriño as actividades formativas do programa “Labora 2020” promovido pola Deputación Provincial en colaboración co Concello para a mellora da empregabilidade. A Concellería de Emprego que dirixe David Alonso colabora con estes progrmas formativos.No Porriño impartense os seguintes cursos: neste mes de xullo, o de Actividades Auxiliares de Almacén en horario de 09.00 h a 14.00 h destinados a obter o certificado de profesionalidade para a inserción laboral das persoas beneficiarias.E no mes de setembro, o curso de “Competencias Clave do Nivel 2” (matemáticas, lingua galega e lingua castelá) en horario de 16.00 h a 21.00 h.As persoas destinatarias dos itinerarios formativos deste programa serán persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que pertenzan a colectivos vulnerables. Considéranse vulnerables os seguintes colectivos: parados de longa duración; mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX); persoas maiores de 55 anos; persoas con discapacidade; inmigrantes; minorías étnicas e comunidades marxinadas. Tamén consideranse outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar e outras en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais SOLICITUDES DE PREINSCRICIÓNPara poder participar nas accións formativas, que teñen unha axuda económica para gastos de desprazamento, é preciso:· Solicitar a formación correspondente na súa oficina do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://emprego.xunta.gal coas súas claves de acceso.· Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I "Solicitude de participación", que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica..*Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo comúnMáis información en
O Concello do Porriño ten actualmente en curso a licitación de máis dunha ducia de contratos que suporán un importe de preto de 3.800.000 euros que axudarán a dinamizar a economía local.
Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.
O Concello está a realizar unha sondaxe entre empresas e autónomos porriñeses para coñecer as súas demandas de axuda para reiniciar a a súa actividade económica "e polo tanto para que poidamos definir que tipo de axudas pode prestar a administración municipal dentro das súas competencias", manifestou David Alonso, concelleiro responsable de Emprego.
O goberno municipal de O Porriño poñerá en común cos grupos políticos do consistorio unha proposta de orde do día para un vindeiro pleno da corporación, a fin de acordar as liñas de actuación que o Concello vai despregar na desescalada para axudar aos sectores máis sensibles da economía local. Este acordo adoptouse hoxe na reunión de Comité Municipal de Seguimento do "Covid-19" que presidiu a alcaldesa e no que participaron todos os membros do goberno municipal coligado PSOE/BNG e os voceiros dos grupos políticos PP, EUSON e UDDL. Eva García de la Torre manifestou ao remate da reunión "síntome honrada de presidir esta corporación e comprobar que todos os grupos políticos deron hoxe a medida da súa responsabilidade e capacidade que se agarda de nós nunha situación desta gravidade". "Con independencia das críticas que son obxectivas, o ton común foi construtivo e de apoiar todas as medidas que sexamos quen de aprobar todas as medidas que adoptemos para apoiar aos sectores máis golpeados por esta crise, conscientes de que temos que evitar que logo veña unha pandemia económica que prexudique o que tiñamos acadado polo crecemento do municipio".A proposta que elaborará o goberno porriñés será levada a comisión informativa municipal para conseguirse con todos os grupos e definir a orde do día dun vindeiro pleno da Corporación "no que acordaríamos medidas para afrontar a desescalada", engadiu García de la Torre. A alcaldesa apela á importancia de "crear un fondo económico mediante modificacións orzamentarias para facer fronte as axudas que deberemos prestar aos sectores máis endebles", rematou Eva García.
Hoxe cursouse a convocatoria do Comité Municipal de Seguimento do “Covid-19” que vai celebrar reunión presencial o vindeiro luns 27, ás 12,30 horas, no salón de plenos do Concello do Porriño.A orde do dia establece 3 asuntos. Primeiramente o goberno municipal dará conta das medidas que está a levar a cabo nos diversos eidos para combater a pandemia e para apoiar a economía local. En segundo lugar, a Comisión tratará das propostas que os grupos políticos da Corporación fagan para implementar polo Concello do Porriño. O derradeiro punto serán rogos e preguntas. Nesta reunión, a alcaldesa levará a proposta de a proposta de acordar unha modificación orzamentaria. Segundo anunciou o pasado mércores Eva García, consiste “en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter as axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez na economía local, pequeno comercio e hostalaría especialmente, para axudarlles a remontar a crise”, segundo manifestou. Os acordos aos que se chegue serán trasladados a un pleno da corporación municipal. A alcaldesa poñerá en común cos voceiros dos grupos políticos a data e o xeito de celebrar esa vindeira sesión plenaria.Este Comité, presidido por Eva García de la Torre está formado por Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde; Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde concelleira de Seguridade e Persoal; Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Medio Ambiente e Tráfico; Cami Moreira, concelleira de Igualdade e Xuventude; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Jesús Gónzalez Pexegueiro “Carrola”, responsable de la agrupación de Protección Civil. Tamén forman parte os voceiros dos grupos municipais da Corporación, un representante dos traballadores do Concello e un representante do persoal sanitario do Centro de Saúde.
Eva García, alcaldesa de O Porriño poñerá en común cos voceiros dos restantes grupos políticos da corporación, a proposta de acordar unha modificación orzamentaria para destinar fondos e partidas que non van a empregarse en axuda social aos máis desfavorecidos e apoio aos sectores económicos máis sensibles do municipio.A proposta do goberno municipal consiste en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez no tecido do pequeno comercio e hostalaría para axudarlles a remontar a crise. A alcaldesa trasladará esta proposta aos grupos políticos na vindeira reunión da Comisión Municipal Especial de Seguimento do Covid-19 que volverá a reunirse o vindeiro luns 27. Nesa reunión, o goberno municipal tamén informará aos voceiros dos restantes grupos da corporación, das medidas despregadas ata de agora polo Concello en materia de limpeza, desinfección, achegas de axudas alimentarias e económicas á poboación en risco de exclusión e outras accións en diferentes eidos. Asimesmo nesa reunión, goberno e grupos comezarán a estudar como pode ser a desescalada a nivel local segundo as pautas que marquen tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia. Finalmente, na reunión de Comisión de Seguimento do Covid-19, alcaldesa e grupos acordarán a data e o xeito de celebración dun pleno da corporación municipal. Decidirase se é presencial coas medidas de hixiene e aloxamento precisas ou ben telemática. O Concello do Porriño dispón do programa “Séneca” (o mesmo que ten o Parlamento de Galicia, por exemplo) que permite a celebración de sesións telemáticas. E por outra banda, a Deputación Provincial implementou o sistema “Xestiona” para que os concellos pontevedreses poidan celebrar reunións “on line” dos seus órganos de goberno.
O Concello do Porriño anuncia, a través de “Porremprego”, que dende esta semana abrese o proceso de preselección de aspirantes á contratación de 24 postos de traballo eventuais durante seis meses que reforzarán diferentes servizos municipais. O proceso realizase a través da oficina do Servizo Público de Emprego (SEPE).