B46B0655.jpg
As alcaldesas de Porriño, Mos, Salceda e Tomiño comprometéronse cos traballadores de "Maderas Iglesias" na procura de solucións
Seis dos concellos máis afectados pola crise de “Maderas Iglesias”, xa que teñen máis veciños entre os 148 traballadores, estiveron representados na xuntanza celebrada hoxe no Porriño co comité de persoal desa industria.
Jose-Manuel-Forno-de-Mosende.jpg
Unha campaña de promoción do produto local escolle a José Manuel Fernández, de "O Forno de Mosende" e o Pan do Porriño, como reclamo de calidade
A campaña “Parte de ti”, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural do que forma parte o Concello do Porriño, pon en valor o produto local, baseado nas historias persoais de alguén, como José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende”, que elabora o noso pan porriñés de xeito tradicional.
GOPR4303.jpg
Porriño convocará unha xuntanza de concellos e comité de empresa de "Maderas Iglesias"
O vindeiro xoves 8 de outubro, o Concello do Porriño acollerá unha xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos 16 concellos que teñen entre os seus veciños, traballadores afectados polo risco de peche da empresa “Maderas Iglesias”. Reuniranse co comité de persoal da factoría que actualmente ten 148 operarios, na súa meirande parte mulleres.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
A Corporación Municipal do Porriño apoiará hoxe a manifestación dos traballadores de “Maderas Iglesias”
Os voceiros e concelleiros dos grupos políticos da corporación local do Porriño acordaron por unanimidade apoiar coa súa presencia a manifestación que hoxe realizarán os traballadores de “Maderas Iglesias”.
IMG_2264.jpg
Eva García ofrece a súa mediación aos traballadores de "Maderas Iglesias" e instará unha reunión conxunta de alcaldes co conselleiro de Industria
A plantilla da firma porriñesa “Maderas Iglesias” solicitou hoxe a Eva García de la Torre que inste unha reunión conxunta de alcaldes dos concellos afectados por la crise desta firma co conselleiro de Industria e vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
O Concello amosa a súa "grave preocupación" pola escalada de sinistros laborais
O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal. Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador dunha empresa de granito no polígono das Gándaras, ocorrido onte martes. Como nos casos anteriores, dende a Alcaldía, a súa titular, Eva García trasladou as condolencias do Concello por este doloroso suceso. Pola súa banda, David Alonso, concelleiro de Emprego expresou a inquedanza do goberno municipal por esta vaga de sinistros e lembrou que dende a administración municipal e a través de “Porremprego”, realízanse cursos de formación en seguridade e prevención de riscos laborais de xeito gratuíto. “Non obstante semella que cumpre reforzar eses programas de formación en estreita colaboración e coa implicación das empresas para poñer freo a esta sucesión de accidentes laborais”, manifestou o concelleiro de Emprego.
IMG_1878.jpg
Visita do concelleiro de Emprego a "Staroil", empresa colaboradora do programa "Porriño Accede"
Unha delegación do Concello do Porriño encabezada por David Alonso, concelleiro de Emprego realizou hoxe unha visita ás instalacións da estación de servizo da firma “Staroil” no polígono da Granxa. Pablo Val Rodríguez, responsable de dirección e operación de este grupo empresarial de orixe galega, explicou como están a medrar por todo o territorio nacional e expresou ao concelleiro Alonso Bargiela, o agradecemento de “Staroil” pola colaboración estreita co Concello do Porriño que agardan “aínda sexa maior”. Precisamente “Staroil” é unha das empresas colaboradoras co programa “Porriño Accede” de cursos de formación con prácticas. O obxectivo desta colaboración foi proporcionar a persoas en desemprego unha oportunidade laboral por medio da formación. “Staroil Porriño” participou no deseño da formación e na acollida de alumnos en prácticas, ofrecendo continuidade laboral a catro deles. “A empresa manifestounos que hai interese en dar continuidade a esta colaboración”, indicou o concelleiro de Emprego.“No que leva de ano, esta Concellería organizou tamén cursos de formación con prácticas en loxística e carretillas elevadoras, ademais de realizar talleres para a adquisición de técnicas para a busca de emprego, obradoiros de entrevista e formación en intelixencia emocional”, manifestou David Alonso. Tamén hoxe venres celebrouse no Multiusos de Torneiros, a entrega de diplomas, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, aos 16 alumnos que participaron no curso básico de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas de duración máis o curso específico de oficio de 6 horas para postos de albanelería.
Porremprego.jpg
O Porriño, por terceiro mes consecutivo, medra en emprego fronte á tendencia da área metropolitana. 186 persoas saíron das listas do SEPE neste Concello.
David Alonso, concelleiro de Emprego salientou hoxe nunha declaración oficial, que “O Porriño ven de acreditar en agosto, por terceiro mes consecutivo, un descenso do número de parados rexistrados o que confirma a boa labor de todo o tecido empresarial e industrial do noso  concello que é quen de superar o difícil escenario económico actual”.
PHOTO-2020-09-02-19-31-18.jpg
Rematou o curso de cociña creativa con productos locais no Multiusos de Torneiros
Os concelleiros de Emprego, David Alonso, e de Comercio, Sergio Casal asistiron esta tarde á sesión final do curso de Cociña Creativa con Productos Locais, impartido polo chef galego, Iván Méndez. Esta actividade formativa está integrada nos itinerarios “Coas mans na masa” que propón a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural que retomou a súa programación despois destes meses de forzosa paralización polo estado de alarma. O curso impartido no Multiusos de Torneiros para 15 persoas ligadas laboralmente ao mundo da hostalaría, rematou hoxe. O chef Iván Méndez amosou tres elaboracións moi suxerentes: pementos de Padrón recheos de fluído de queixo San Simón; cornete de bacallau con aire de tetilla, e cola de gambón, en crocante de kataifi e froito da paxión.
MULTIUSOS_TORNEIROS.jpg
No Multiusos de Torneiros, comeza o curso de Cociña Creativa no que se elaboraran callos de mar
Con quince alumnos, comeza hoxe (a partir das 16 horas) o curso de cociña creativa que imparte o chef galego Ivan Méndez, orientado a persoas cunha actividade laboral ligada ao sector hostaleiro.
David-Alonso-en-cabina-anti-covid.jpg
Ponse a proba no Multiusos de Torneiros unha cabina anti-covid desarrollada por unha empresa do Porriño
Esta semana, na porta de acceso principal ao Multiusos de Torneiros, está a proba unha cabina anti-Covid desarrollada por “Ramecq”, unha empresa do Porriño.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
O Concello colabora coa Seguridade Social para facilitar trámites para obter o Ingreso Mínimo Vital
O Concello do Porriño acadou un acordo coa Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridad Social (INSS) para simplificar trámites aos solicitantes do Ingreso Mínimo Vital. A medida estrearáse a vindeira semana, segundo anunciou David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais. Coa finalidade de evitar aos solicitantes desprazamentos e colas, o INSS solicitará por vía telemática os certificados de empadroamento históricos e colectivos, que é un trámite indispensable para pedir e acceder ao Ingreso Mínimo Vital. “Deste xeito simplificanse as xestións aos demandantes que non terán a obriga de ter que acudir ao Concello xa que será a propia administración municipal a que se encargará de enviar os certificados á Seguridade Social”, manifestou o concelleiro. Neste senso, David Alonso agradeceu a colaboración de Fernando Alvarez-Blázquez, director provincial do INSS “polo que supon de axilizar trámites aos veciños e veciñas do Porriño evitandolles que corran riscos por causa da pandemia”, rematou o concelleiro.