Presentacion-curso.jpg
O Campo do Lourambal será escenario, dende o vindeiro día 18, do '3º Curso de Monitor de Fútbol Base', organizado pola Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello do Porriño
O Campo do Porriño Industrial, Lourambal, será o lugar elixido pola Federación Galega de Fútbol para o desenrolo do 3ºCurso de Monitor de Fútbol Base, que empezará o vindeiro día 18 de xuño, e que cunha duración de 65 horas habilitará aos asistentes para adestrar nas categorías inferiores.
33599907_1846572015645015_5883114398104420352_n.jpg
@festivaldecans xuntou a 12.000 persoas os catro días que durou a súa 15ª edición
A 15ª edición do Festival de Cans , que contou coa meirande achega do Concello do Porriño na historia do certame, congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento. “Sigue quedando patente deste xeito a existencia dun público fiel, tanto local como foráneo, moi diverso e interxeracional”, indican dende a organización.
IMG-20180528-WA0001.jpg
O Porriño agarda milleiros de persoas esta fin de semana na III Feira do Pan
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, Santos Héctor Díaz, deputado responsable de Promoción Turística da Deputación de Pontevedra, Marcelino Coto, concelleiro de Comercio, Juana Pérez, presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), o presidente da Asociación de Panadeiros  e a cociñeira Marta Rodal, pregoeira desta edición, resentaron este luns,  a III Feira do Pan do Porriño que este 2018 celébrase os días 1 e 2 de xuño, venres e sábado, na Praza de San Benito.
GAGO-WEB-825x510.jpg
'Matria',grande gañadora do 15º @festivaldecans
‘Matria’ foi a grande gañadora da 15ª edición do Festival de Cans, que entregou este sábado, día 26 de maio os seus premio. A curtametraxe de Álvaro Gago fíxose con catro premios: Mellor curta de ficción, Premio do Público, Premio AISGE á mellor interpretación feminina para Francisca Iglesias e o Premio do Xurado dos veciños.
DeG_S6zW4AAx-YE.jpg
@festivaldecons chega este sábado ao seu 'día grande' con 16 horas de actividades e programación
O Festival de Cans chega este sábado ao seu ‘día grande’ cun programa de 16 horas seguidas que arrancaron ás 10 da mañá co ‘CanSonoro’, o roteiro musical con Xurxo Souto que saíu da  Rotonda do Can.
64c5cd97-f569-4c00-89ee-612aedf3e24e.jpg
@festivaldecans entrega os seus premios e recibe a Fernando Trueba e Gracia Querejeta
Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes. Ás 11 da noite desvelarase no Torreiro cales son as obras que acadan un lugar no palmarés de entre as diferentes seccións que o público terá oportunidade de ver nos baixos e jalpóns ao longo do día: Ficción, Animación e Non ficción (FuraCans).
Triatlon-2.jpg
Suspendida a VI edición do 'Triatlón Concello do Porriño” por mor da explosión en Tui
O Goberno local do Porriño, dacordo cos organizadores da VI edición do 'Triatlón Concello do Porriño”, logo da explosión ocorrida no barrio de Paramos, en Tui, veñen de decidir a suspensión da proba que ía disputarse o vindeiro sábado día 26 de maio. Hai que lembrar que parte do percorrido do triatlón  estaba previsto que transcorrise polo concello de Tui.
Visitaa-Cans2.jpg
A concelleira de Educación acompaña a alumnas e alumnos de varios centros do Porriño ás primeiras actividades do @festivaldecans
Este mércores, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, participou xunto con alumnas e alumnos de ACEESCA, o C.P.R. Santo Tomás e do IES Ribeira do Louro, en dúas actividades que están a desenrolarse dentro do XV Festival de Cans: ‘Cans do Futuro’ e os ‘Roteiros Cinéfilo-Literarios’, con Carlos Meixide.
Pan.jpg
Todo listo para a III Feira do Pan do Porriño
Todo está xa preparado para a que será a III Feira do Pan do Porriño que este 2018 celébrase os días 1 e 2 de xuño, venres e sábado, na Praza de San Benito e que, como todos os anos conta co patrocino do Concello do Porriño, por medio da Concellería de Comercio que dirixe Marcelino Coto.
IMG-20180521-WA0011.jpg
Máis de 200 triatletas tomarán a saída o vindeiro sábado, día 26 de maio, no VI Triatlón Concello do Porriño
Máis de 200 triatletas- o número aínda pode aumentar dado que o prazo de inscrición non remata ata as 12 da noite de mañá- tomarán a saída o vindeiro sábado, día 26, no Triatlón Concello do Porriño.
DdZebeWX0AEyjdp.jpg
@festivaldecans abre o venres día 25 unha retrospectiva das viñetas de @OBichero
O Festival de Cans inaugura o vindeiro venres, día 25 de maio, ás 8 e media da tarde, no ‘Cans Voulevar’ unha exposición retrospectiva  das viñetas de @OBichero, que retrataron o Festival durante os pasados anos.
Noemi-La-Voz-Kids-1024x734-1.jpg
Noemí García, finalista do concurso 'La Voz Kids', de Telecinco, actúa este domingo, ás 6 da tarde no Porriño, coma integrante de ‘Os MaiS’on fire’
Noemí García, finalista do concurso de Telecinco ‘La Voz Kids’, actúa este domingo, ás 6 da tarde, na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, coma integrante de ‘Os MaiS’on fire’,  un grupo de alumnos da Escola de Música e Danza MaiSon, do Porriño.