Ata o vindeiro luns, día 30 de abril, está aberta na OMIX do Concello- na planta baixa do Centro Cultural Municipal- a exposición de fotografía “Viaxando” que amosa os traballos presentados ao Certame de fotografía do mesmo nome.
Dentro do programa de actividades da Biblioteca Municipal do Concello do Porriño, o 23 de abril, co gallo da celebración do ‘Día do Libro’ terá lugar a actividade: ‘O Noso Patrimonio’, un paseo polos barrios de San Benito e San Sebastián.
Douscentos corredores procedentes de distintos lugares de toda España, de Portugal e, por suposto, de Galicia, tomarán a saída o vindeiro sábado, día 21, na II Challenge As Rías Baixas de ciclismo, para máster e júnior, que cubrirá algo máis de 160 quilómetros pasando polos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.
O Festival de Cans continúa nesta edición a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación que veñen do ámbito da curtametraxe.
O Concello do Porriño felicitou oficialmente a Ricardo Baz Pereira, recente subcampión de Europa de Jiu Jitsu, na especialidade NO-GI (sen kimono). O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, recibiu este mércores a Ricardo e transmitiulle “o recoñecemento e admiración de todas as porriñesas e porriñeses por este importantísimo logro”.
No marco do Día Internacional da Auga, o Concello do Porriño vén de entregar 3.000 exemplares dun manual de bos usos co título ‘No Porriño amamos a auga’, que distribuíuse en establecementos comerciais e centros de ensino da vila.
Os romanos levantaron unha fortaleza defensiva de varias hectáreas no Faro de Budiño un lugar no que, ademais, había un asentamento romano construído, posiblemente, hai uns 1.200 anos.
Máis de 2.500 corredores, dende cativas e cativos de 4 anos, ata atletas de elite tomarán a saída na 12ª edición da Interrunning do Porriño, que percorrerá as rúas do casco urbano dende as 10 da mañá deste domingo, día 18 de marzo.
Organizadas pola asociación Levada Libre, coa colaboración do Concello do Porriño, este xoves, día 15 de marzo, ás 8 da tarde no Centro Cultural Municipal, rematan as xornadas da “Semana da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña”.
O Festival de Cans- que este ano terá a meirande achea municipal da súa historia- bate un ano máis a súa marca de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 252 producións galegas, o que supón máis dun 7% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 235 traballos.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, xunto con Fredy Velasco, Luis Martínez e David Ferreira, membros da organización da proba, presentan este mércores, día 14 de marzo, ás 13:30 h. no Salón de Plenos do Concello do Porriño, a 12ª edición da Interrunning, que este ano xuntará a 3.000 participantes.
O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de iniciar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. O obxectivo será facer como exercicio final unha curtametraxe colectiva que se estreará na vindeira edición do Festival de Cans, que terá lugar do 23 ao 26 de maio deste ano.