PorrigaliaDOMINGO-1-7baja-800x533.jpg
Publicadas as bases do Concurso de Comparsas e Coplas de 'Porrigalia 2018'
O Concello vén de publicar as Bases e Convocatoria para a concesión de premios a Comparsas e Asociacións Culturais e Veciñais do Porriño que participen na celebración de 'Porrigalia 2018'.
Sin-título.jpg
Publicadas as bases para a colocación dos postos en 'Porrigalia' que se celebrará os días 20, 21 e 22 deste mes de xullo no Porriño
O Concello vén de publicar as bases para a colocación dos postos  en Porrigalia que se celebrará no Porriño os días 20, 21 e 22 deste mes de xullo.
cartel-san-benito-2018.jpg
Bases para a colocación dos postos de venda durante as Festas de San Benito, os días 10, 11 e 12 deste mes de xullo
O Concello vén de publicar as bases para a colocación dos postos, na rúa Manuel Rodríguez, da Festa de San Benito, que se celebra os días 10, 11 e 12 deste mes de xullo.
PROGRAMA-XULLO-paginado-04-1.jpg
Empeza un mes de xullo ateigado de actividades culturais coas Festas de San Benito e Porrigalia coma citas máis agardadas
Xa está en marcha o Programa Cultural Municipal deste mes de xullo que será especialemente intenso, pois ás actividades programadas dende a Concellería de Cultura, súmanse a celebración de 'Porrigalia', os días 20, 21 e 22, e as Festas de San Benito, os vindeiros días, 10, 11 e 12.
Campionato1.jpg
Os mellores pilotos de drons do panorama nacional e internacional, entre eles Álex Zamora, no Porriño esta fin de semana para disputar o 'Campionato de España F3U'
O concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente do Club Furaventos, Gerardo Martínez, presentaron este martes o ‘Campionato de España F3U’ e o ‘Campionato da Liga Galega de Drones’ que organiza o club porriñés por delegación de Real Federación Aeronáutica Española e a Federación Aeronáutica Galega.
IMG-20180625-WA0006.jpg
O porriñés Ricardo Baz, campión de España de Jiu Jitsu no seu peso e bronce en 'kimono'
O porriñés Ricardo Baz segue a darnos satisfacción despois de facerse co Campionato de España de Jiu Jitsu, acadando o ouro do seu peso (Nogui) e pendurándose o bronce en ‘kimono’.
12804777_976383482446006_6010564437968749137_n.jpg
O Porriño honra a figura de don Fidenciano Palacín na súa '10ª Festa do Chouripán' que se celebra este sábado, día 23 de xuño
A Praza de San Sebastián acolle este sábado, día 23 de xuño, dende as 7 da tarde, a '10ª edición da Festa do Chouripán' na que os asistentes poderán degustar o tradicional "chouripán"-a 2,5€ con bebida- elaborado de xeito artesanal con producto do país e co tradicional "Pan do Porriño", que suministran varias panaderías da vila.
30420127_1831802057122011_7952207184662801224_o.jpg
O Goberno local, xunto coa Asociacion de Hostaleiros e a de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), pon en marcha unha campaña para a organización do 'I Pinchoneno', aprobado polo Pleno Infantil
O Concello do Porriño  está a traballar na iniciativa de participación infantil e adolescente, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de ‘Cidade Amiga da Infancia’, de UNICEF, que trata  de facer un concello máis transparente e próximo, pero sobre todo pretende coñecer as opinións, intereses e necesidades dos veciños e veciñas máis novos, co compromiso de que estas serán atendidas.
Screenshot_2018-06-02-20-08-51.png
O Porriño, escenario do '6º Festival de Bandas de Música de Escolas'
O Círculo Recreativo e Cultural do Porriño será o escenario do ‘6º Festival de Bandas de Música de Escolas’, que terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de xuño, ás 8 e media da tarde.
IMG-20180605-WA0001.jpg
CD Choco e C.F. Agrupación estudiantil, a pola Copa Deputación de Fútbol , o sábado no Campo de Lourambal
O CD Choco e C.F. Agrupación Estudiantil disputan este sábado, día 9 de xuño, ás 5 da tarde, no Lourambal, a Final Masculina da XI Copa Deputación de Fútbol. Á final está prevista a asistencia da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
20-17-990x650.jpg
O Porriño, sede da 10ª edición do 'Torneo Catro Nacións de Balonmano Feminino' que terá lugar esta fin de semana entre Cataluña, Euskadi, Guinea e Galicia
A décima edición Torneo IV Nacións feminino celebrarase a vindeira fin de semana, días 9 e 10 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Guinea. Ademais, o venres, día 8, ás 8 da tarde, celebrarase un partido amigable, tamén no Porriño, contra a selección de Guinea.
En-venda.-O-Trasno-Teatro.jpg
Dende este venres, día 8, mes do teatro no Centro Cultural Municipal dentro do 'Circuito Galego de Teatro Amador 2018'
Dende este venres día 8 de xuño, e dentro do ‘Circuíto Galego de Teatro Amador 2018’, da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), o Centro Cultural Municipal do Porriño acollerá cinco representacións ao logo de todo este mes, con entrada de balde ata completar aforo.