Tras o parón estival, a concellería de Sanidade do Concello de Porriño, en colaboración co Centro de Saúde, retoma as andainas saudables dirixidas a persoas maiores de 65 anos. Esta actividade, que tivo un gran éxito desde o seu inicio, volve co obxectivo de fomentar a actividade física e o envellecemento activo, ao mesmo tempo que contribúe a combatir o illamento social que afecta a moitos dos nosos maiores.
Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora o vindeiro sábado 21 de setembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), en colaboración coa concellería de Política Social do Porriño, achegou a asociación á veciñanza cunha mesa informativa sobre todos os recursos que hai no Porriño.
A unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia estará no Porriño o luns 16 de setembro no seu emplazamento e horarios habituais, na rúa Domingo Bueno de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada pola concelleira de Política Social, Teresa Veloso, visitou esta mañá a cafetería Lume, que alberga un programa de formación dual de hostalería desenvolvido pola Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual (Aceesca). Trátase dun proxecto financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que conta coa colaboración do Concello do Porriño e permite combinar a formación coa atención ao público.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitaron esta mañá as escolas infantís Galiña Azul do municipio: Torneiros e Doantes de Sangue. En ambos centros, aproveitáronse as vacacións de verán para realizar obras de mellora sen interferir na súa actividade.
A Deputación Pontevedra abre hoxe, 16 de agosto, o prazo para que os maiores de 55 anos poidan inscribirse en +Benestar, que oferta 2.127 prazas para desfrutar de estancias en balnearios, talasos ou spas da provincia.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subiuse á bici esta fin de semana para participar dun dos adestramentos de DisCamino, unha asociación que desafía os límites e fai posible que persoas discapacidade sensorial, física ou intelectual cumpran o seu soño de peregrinar a Compostela e vivan esta aventura como calquera outro peregrino.
A Concellería de Igualdade vén de facer pública a listaxe de admitidos/as nas dúas quendas do Campamento de Verán para o mes de agosto. A primeira delas será do 12 ao 23 de agosto, e a segunda do 26 de agosto ao 10 de setembro.
O Campamento de Verán organizado pola concellería de continuará desenvolvendo a súa actividade ata o comezo do curso escolar. Para iso, abrirase un novo prazo de presentación de solicitudes mañá día 30 de xullo ás 9 h e pecharase o venres 2 de agosto ás 8:59 h.
A unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia visitará O Porriño o mércores 31 de xullo e o xoves 1 de agosto. Aparcará na súa ubicación habitual, na rúa Domingo Bueno, en horario de 10 a 14:30 h e de 16 a 21 h.
O Concello do Porriño levará a cabo durante este verán varias actuacións de mellora nas dúas escolas infantís “A Galiña Azul do Municipio”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, explicaron que en total investiranse 30.000 euros en actuacións que mellorarán a funcionalidade de ambos centros.
A Mochila da Luz chegou hoxe de novo ao Porriño cargada de luz e esperanza. Na súa peregrinaxe polo Camiño portugués, desde Oporto cara Santiago de Compostela, carga de xeito simbólico recordos de moitas persoas que quedaron atrás e vai recollendo novos agasallos. Chegará a Compostela o 25 de xullo coincidindo co Día do Apóstolo Santiago, onde serán recibidos polo deán da Catedral.