alcal1.jpg
O Porriño recibirá en 2017 do "Plan Concellos", da Deputación de Pontevedra, 1.052.165 €
A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 3,76% máis de recursos ao Concello do Porriño no marco do “Plan Concellos”. Deste xeito, este municipio da comarca viguesa recibirá un total de 1.052.165,16 €, 38.161,80 euros máis que en 2016, ano no que xa tivo un 33,8% de incremento respecto do 2015 (o que se traduciu en 256.078,46 € máis). Á marxe do Plan Concellos, O Porriño recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.