O Concello do Porriño, a través da Concellería de Patrimonio e Urbanismo dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, anuncia que chegou a un acordo para a compra de aproximadamente 20.000 metros cadrados de terreos na contorna do río Louro.
O Concello do Porriño segue a desenvolver o plan de bacheos que realiza a Concellería de Vías e Obras en rúas e estradas de titularidade municipal en todas as parroquias do termo municipal. Hoxe actúase en Budiño, nomeadamente en rúas do Polígono Industrial de A Granxa para reparar numerosos desperfectos orixinados polo numeroso tráfico pesado que soportan. A alcaldesa Eva García e a concelleira delegada, Lourdes Moure acudiron a comprobar os traballos en compañía de Miguel Feijóo, encargado da brigada de obras. As imaxes refiren os arranxos que se realizaban na rúa "J A Toxa" na confluencia coa avenida principal, á altura das naves das empresas "Megalta" e "Velpa". Esta actuación solicitouse ao Concello na última reunión da comisión delegada da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono A Granxa. As obras realízanse con medios propios e os contratados por concurso para subministrar materiais e maquinaria pesada.
Trinta estradas e rúas de titularidade municipal terán sido arranxados ata esta semana dentro do plan de bacheos que realiza a Concellería de Vías e Obras que dirixe Lourdes Moure. Ata agora, 15 carreteiras bachearonse Atios, 5 en Cans e outras 5rúas no Porriño Centro. As rúas bacheadas no casco urbano foron Xogo da Ola, Navuxil, Sequeiras, Manuel Rodríguez e Gurpilleira. Esta mañá a concelleira acudiu a inspeccionar o resultado dalgúns destes traballos en Cans e Atios.Esta semana o persoal de Vías e Obras do Concello acomete arranxos na parroquia de Torneiros. A continuación seguirán por Pontelllas, Mosende, Chenlo e Budiño, segundo a planificación establecida. Levará esta orde "por economía de esforzos e aforro de tempo e materiais", explicou Lourdes Moure.Ata o momento, utilizáronse 28 toneladas de asfalto, 3.000 litros de emulsión quente e unha tonelada de area. As obras realízanse con medios propios e os contratados por concurso para subministrar materiais e maquinaria pesada.Doutra banda, a Concellería de Vías e Obras prepara un plan de reasfaltados para camiños e estradas municipais que xa non poden ser bacheados ao grao de deterioro. Unha acción que se realizará cunha partida específica pendente de asignar no seguinte orzamento municipal.
Durante esta tarde e ata a noite, persoal da empresa "Naturgalia", contratada para desenvolver o arranxo da rotunda da Avenida Principal coa rúa Arousa, no acceso ao polígono industrial de A Granxa, realiza o fresado da anterior capa de rodadura, moi deteriorada, para pavimentar de novo. As obras serán reiniciadas mañá sábado coa previsión de que poden concluír ao longo do día.
A Concellería de Vías e Obras informa que o pavimentado da rotonda da Avenida Principal-Rúa Arousa do polígono industrial de A Granxa realizaranse entre a tarde deste venres 26 e ao longo do sábado 27, buscando o menor impacto no tráfico de vehículos.
A concelleira de Vías e Obras de Porriño, Lourdes Moure e o seu homólogo de Salceda, Miguel González acordaron hoxe dar unha solución máis integral ao problema das inundacións que se produce en Budiño.
A concelleira de Obras, Lourdes Moure, en compañía do enxeñeiro e o responsable das obras municipais, acudiu hoxe a Rego da Lama-Casal en Budiño para comprobar sobre o terreo as inundacións de fincas próximas ás instalacións da empresa "Amazon".
Eva Garcia firmou hoxe o decreto da Alcaldía de adxudicación dos contratos para a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior que se executaran en diversas zonas do termo municipal. Tanto en núcleos do Porriño como das parroquias de Chenlo, Cans, Torneiros, Atios e Mosende.
O goberno municipal do Porriño presenta ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra catro proxectos que “apostan pola humanización das rúas e polo aumento da rede de saneamento nas parroquias”, segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas.
A alcaldesa Eva García informou hoxe que o Concello do Porriño está a planificar e desenvolver nestes primeiros días de 2021, unha serie de obras de mellora das infraestruturas viarias nos polígonos industriais.
O Grupo de Voluntarios de Protección Civil do Porriño realizou ao longo da madrugada e durante a madrugada varias intervencións a petición do 112 e da Policía Local, por balsas de auga e inundacións polas fortes choivas.