IMG_1099.jpg
A concelleira de Vías e Obras inspecciona a execución de traballos no Polígono da Granxa e no lugar de Carreira, en Cans
Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras inspeccionou este mediodía a execución de diversos traballos de arranxo de beirarrúas no Polígono Industrial de A Granxa que está a realizar o departamento que dirixe con medios propios e persoal contratado coa colaboración do Plan Concellos da Deputación. Os traballos de arranxo desenvólvense en dous tramos da Avenida Principal do Polígono atendendo ao compromiso acadado pola concelleira Moure Varela coa asociación empresarial "Entidade Urbanística de Conservación A Granxa". Despois de levantar as beirarrúas en mal estado, aplícase unha capa de formigón co resultado que se pode apreciar en algunha das imaxes.
IMG_0967.jpg
Iniciáronse hoxe a limpeza das fachadas e posterior arranxo da cuberta do Concello
Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron hoxe a hidro limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios. A previsión é que en sete días laborais a hidro limpeza estea rematada.
IMG_0843.jpg
A corporación aprobou por unanimidade o gasto de máis de 700.000€ en asfaltados e saneamentos; duplicar a achega ao Festival de Cans e retomar a atención presencial no Concello
A corporación municipal do Porriño aprobou por unanimidade dispoñer o gasto de 729.478 euros para obras de asfaltado e saneamento de vías municipais, segundo acordou o pleno ordinario de xullo celebrado onte. Trátase da primeira fase dun plan de actuación plurianual máis ambicioso valorado en máis de 2 millóns de euros.
Badenes-2.png
Proxectase instalar lombos e pasos de peóns sobreelevados na estrada provincial 2401, entre Porriño e Mosende
O Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra fixo chegar ao Concello do Porriño as actuacións previstas no "III Plan Móvese" para aumentar a seguridade viaria nas estradas provinciais que, no que atinxe a este municipio, proxectan instalar "lombos" e pasos de peóns sobreelevados, na E.P. 2401. Concretamente nun treito de 5 quilómetros entre O Porriño e Mosende, proxéctanse 5 redutores físicos de velocidade (lombos) e 8 pasos de peóns sobreelevados.
Proyecto-edificio-Centro-Cultural-Mosende.jpg
A concelleira Lourdes Moure anuncia a construción dun novo centro cultural para Mosende que atenderá unha vella demanda veciñal
A concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure anuncia que “a parroquia de Mosende disporá dun novo Centro Cultural en condicións, atendendo deste xeito unha vella demanda veciñal que esta concelleira asumiu como un compromiso político e persoal”, segundo manifestou a segunda tenente alcalde.
Pedro-Pereira.jpg
O Concello outorga achegas a 14 comunidades de traída de augas por un importe global de 77.607€
O Concello do Porriño anuncia a concesión de achegas a catorce comunidades de traídas de augas do municipio por un importe global que suma 77.607 €, segundo informa a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira. Este departamento convocou por segundo ano consecutivo este lote de achegas municipais ao que se presentaron catorce comunidades. Todos os solicitantes foron aceptados e non quedou ninguén excluído xa que cumprían cos criterios recollidos na convocatoria.
IMG_0248.jpg
Rematado o acondicionamento da rotonda de Antonio Palacios, sen custe para o erario municipal
A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, que dirixe Pedro Pereira, comunica o remate dos traballos realizados estes días na rotonda de confluencia de Antonio Palacios coa rúa Domingo Bueno e a avenida de Galicia.
IMG_0118.jpg
Un zafarrancho de reparacións comezou hoxe pola praza do Concello e a rúa peonil
Esta mañá operarios do Servizo de Vías e Obras do Concello iniciaron un zafarrancho de reparacións de beirarrúas que se estenderá ao longo das vindeiras semanas polo centro urbano, parroquias e polígonos industriais. Comezaron co arranxo e reposición de baldosas de pedra na praza Arquitecto Antonio Palacios e na rúa peonil. “Demos preferencia á contorna do Concello pola maior afluencia de peóns que está a notarse co incremento dos peregrinos e visitantes” subliñou a alcaldesa Eva García.
0801_001.jpg
O Concello licita o proxecto de saneamento no núcleo rural do Picouzo (Budiño)
O proxecto para dotar de saneamento ao núcleo rural do Picouzo, na parroquia de Budiño, atópase en fase de licitación polo Concello do Porriño. A actuación requirirá dun investimento de 352.972 euros, co IVE incluído e un prazo de execución de 3 meses, a partir da adxudicación.  
09363808-b68c-4599-ad82-e4cb1dfd87d3.jpg
A Concellería de Vías e Obras prioriza os arranxos urxentes de camiños en Chenlo e Torneiros
A Concellería de Vías e Obras que dirixe a socialista Lourdes Moure anuncia o arranxo por vía de urxencia de dous camiños en Chenlo e Torneiros que se atopan en moi mal estado. Trátase do Camiño de Penedo, en Chenlo onde a concelleira comprobou o estado do mesmo en compañía do alcalde pedáneo da entidade local menor, Jacobo Alonso. E do Camiño existente en Torneiros entre a Fase 1 e o local da AAVV San Salvador, cun grao de deterioro moi importante, segundo comprobou a concelleira en compañía do enxeñeiro municipal.
Lourdes-Moure-Covid-19.jpg
A concelleira de Vías e Obras denuncia que "unha pinza entre Manuel Carrera e o PP" obstrúe o investimento de 730.000€
Os votos conxuntos do PP e de Manuel Carrera obrigaron a deixar enriba da mesa, a tramitación do Plan Estratéxico de Obras de Mantenento en Vías Municipais e Saneamento que a Concellería de Vías e Obras, dirixida pola socialista Lourdes Moure, levou hoxe a ditame pola Comisión Municipal de Economía. O devandito Plan, cun investimento previsto de 730.000 €, está baseado nunha moción que presentara o PP no pleno de abril, aprobada por unanimidade. Unha primeira proposta de plan plurianual da Concellería, levada ao pleno de maio, quedou pendente para matizar cos voceiros que foron chamados a consultas.
saneamento-Corzon-1.jpg
A Concellería de Infraestruturas licita o saneamento de Corzón, en Pontellas
O Concello do Porriño anuncia que a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira (BNG) vai executar obras de saneamento en Corzón, parroquia de Pontellas.