A Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira informa que as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez van comezar o vindeiro mércores 3 de novembro. A data foi elixida para evitar a coincidencia co mercado ambulante que para as vindeiras semanas será trasladado namentres duren as obras.
A concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure, xunto co enxeñeiro municipal e técnicos das empresas adxudicatarias, inspeccionaron a posta en marcha de tres das obras incluídas no Plan de Mellora de Viarios Públicos. Trátase dunha ducia de actuacións de asfaltado, saneamento e mellora dos servizos municipais nas parroquias do municipio.
O Concello do Porriño informa que o vindeiro luns día 18, sempre que o tempo o permita, procederase a realizar traballos de sinalización horizontal na rúa Xogo da Ola e no treito entre esta vía coa rúa Leandro Diz ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez.
A empresa "RS Motor Power Solutions", situada no polígono PPI 5, informou á alcaldesa Eva García de que doarán un gran motor para instalalo na rotonda situada fronte ás instalacións da compañía na Granxa.
Eva García presidiu hoxe unha reunión informativa entre veciños de Atios; propietarios da canteira Triángulo; a empresa "Lonza" e o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira. O obxectivo da reunión, celebrada no Concello, era "evitar o alarmismo entre a veciñanza de Atios e proporcionar información completa sobre as actuacións", explicou a alcaldesa.
Os traballadores da empresa "Naturgalia" retirarán o valado exterior e a maquinaria que rodea o edificio do Concello, unha vez rematada la limpeza das fachadas. Durante os últimos días, realizouse unha hidrolimpeza e aplicouse unha imprimación para evitar novas humidades, co fin de preservar o edificio, deseñado polo arquitecto Antonio Palacios.
A construtora "Covsa", adxudicataria do proxecto de mellora, está a piques de rematar a pavimentación do Camiño de Casal de Vello, na parroquia de Torneiros.
Este mércores 22 convocáronse catro comisións informativas. Trátase das comisións municipais de Urbanismo; Limpeza; Economía, e de Contas, a celebrarse entre as 18:00 e as 19:00 horas.
Como consecuencia das obras de hidro-limpeza nas fachadas da casa consistorial, dende hoxe e ata o venres 17 permanece pechado o acceso principal ao Concello. Así, o acceso ao Concello faise pola entrada lateral da rúa Antonio Palacios.
Este mediodía reuniuse a mesa de contratación que decidirá o proceso de licitación e adxudicación do proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez, no barrio de San Bieito.
O Concello do Porriño informa que xa están en execución as obras de saneamento no núcleo de Corzón, na parroquia de Pontellas. A previsión é que estarán rematadas a finais de setembro, segundo anuncia a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira.O proxecto en execución ten un orzamento total de preto de 56.000 euros e saíu a licitación no pasado mes de xuño. Trátase dunha obra financiada polo “Plan Concellos 2021” da Deputación Provincial de Pontevedra.
O Concello do Porriño acomete a mellora do firme de rodadura no Camiño Veciñal de Casal de Vello, en Torneiros, segundo o proxecto en execución que desenvolve a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira. Está obra adxudicouse a COVSA e esta financiada ao amparo do PLAN MARCO da Consellería de Medio Rural. Dispón dun orzamento total de 58.729 euros (IVE incluído). A empresa construtora realizou tarefas previas de limpeza e comezará a asfaltar a partires do 1 de setembro. Os traballos mellorarán unha lonxitude de preto de 850 metros do devandito camiño veciñal.