Camela-en-la-Festa-da-Virxe-da-Guía-en-Atios.jpg
O Concello colabora coas Festas da Virxe da Guía en Atios
O Concello de Porriño colabora cunha importante achega económica na celebración das Festas da Virxe da Guía en Atios que arrancaron o pasado sábado e rematarán o xoves.A cooperación do Concello traducese na aportación de palcos, contenedores, vallas, banda de música e labouras previas de desbroce que realizaron as Concellerías de Festas e Limpeza. Unha representacióm do goberno municipal asistirá o 15 de agosto ós actos centrais da festividade. Este ano a comisión organizadora deu a campana coa contratación do dúo "Camela" que actuarán a partires das 22 horas.
Los-Increibles-2.jpg
A segunda sesión de "Cinema na rúa con flocos de millo" será na praza do Concello
A segunda sesión de "Cinema na rúa con flocos de millo" será mañá mércores, a partires das dez da noite, na praza Arquitecto Antonio Palacios. Será ó aire libre agás que mudase a previsión meteorolóxica. Nese caso - como xa ocorrera hai unha semana- pasaríase ó Centro Cultural Municipal.
IMG_8109.jpg
O goberno municipal estuda coa S.D. Mosende posibles arranxos no campo de futbol do Folón
Unha comitiva municipal encabezada por Lourdes Moure, alcaldesa accidental e David Alonso, concelleiro de Deportes visitaron hoxe o campo de futbol do Folón para comprobar in situ as melloras demandadas polo presidente e directivos de ese club. A principal reivindicación é retirar os postes metálicos que sosteñen as redes para evitar a saída dos balóns tras as respectivas porterías. A proximidade deses postes ó terreo de xogo constitue un risco. “O seu retranqueo é unha prioridade por razons de seguridade que vai ser atendida de inmediato polo Concello”, segundo manifestaron Lourdes Moure e David Alonso.
IMG_20190712_182434.jpg
O pleno municipal extraordinario forzado polo PP pretende impedir o pagamento ós proveedores do Concello
O Goberno Municipal de Porriño ten que lamentar novamente a política de atrancos e maniobras que os concelleiros do PP e nomeadamente o seu voceiro, están a empregar para dificultar a gobernabilidade da nosa vila.
nOITES-DE-hUMOR.jpg
Definitivo: "A Noite de Humor" pasase ó Centro Cultural Municipal
O departamento de Cultura de Porriño confirma que o espectáculo "Noite de Humor", previsto para esta noite, pasase ó Centro Cultural Municipal á vista da situación meteorolóxica e a previsión para as próximas horas.
Open-Nacional-Drones-Furaventos.jpg
Porriño acollerá este vindeiro fin de semana o Open Nacional de Carreiras de Drons
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes, colabora para albergar este fin de semana, o Open Nacional de Carreiras de Drons que se desenrolará na pista de aeromodelismo en Pontellas. A organización do evento corre a cargo do club local de aeromodelismo "Furaventos" que deste xeito revalida o seu prestixio a nivel nacional e a súa condición de pioneiros nesta disciplina deportiva.
Megalodon-cine-con-palomitas.jpg
CONFIRMADO: TRASLADASE A PRIMEIRA SESIÓN DE CINEMA NA RÚA CON FLOCOS DE MILLO Ó CENTRO CULTURAL MUNICIPAL
Á vista da situación meteorolóxica e da previsión para esta noite, o Concello de Porriño comunica que a primeira sesión de "Cinema na rúa con millos de floco" (palomitas) trasladase ó Centro Cultural Municipal.
IMG_7949.jpg
Porriño celebrará un Rally Mix durante as Festas do Cristo que patrocinará o Concello
O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do "I Rally Mix Concello de Porriño" que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado "Recristo" e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.
festa-dos-callos-de-porriño.jpg
Concello de Porriño e Acipor lembran que o prazo de inscripción dos locais de hostelería para a Festa dos Callos remata mañá xoves 8
Concello de Porriño e a asociación patronal ACIPOR lembran ós propietarios de locais de hostelería da vila que mañá xoves 8, rematará o prazo de inscripción para participar na XXVI edición da Festa dos Callos. O trámite realizase a través do correo electrónico acipor@acipor.com "A non inscripción presupon que non se participará" aclara a circular que ACIPOR e o Concello de Porriño fixeron chegar os establecementos de hostelería hai semanas. Por outra banda lembrase que o vindeiro luns 19 de agosto terá lugar ás 18 horas no Concello, unha reunión preparatoria da Festa dos Callos. Na mesma elexirase o cartel anunciador desta edición e serán nomeados os locais que se farán cargo da presentación da Festa o día 24 de setembro.
Megalodon-cine-con-palomitas.jpg
Programación cultural Agosto 2019: COMEZA O CICLO DE CINEMA NA RÚA CON FLOCOS DE MILLO
O mércores 7 arranca o ciclo de "Cinema na rúa con flocos de millo" (palomitas) que organiza o Concello de Porriño ó abeiro da programación cultural de agosto.
IMG_7780.jpg
A alcaldesa inicia con "Nueva Pescanova" unha rolda de visitas a empresas asentadas nos polígonos industriais de Porriño
A Alcaldesa Eva García iniciou cunha reunión nas instalacións de "Nueva Pescanova" no polígono de As Gándaras, unha rolda de visitas ás principais empresas radicadas en Porriño que vai desenrolar ó longo deste mandato.
xi-festa-do-cabrito-ao-espeto-o-porriño-cartel.jpg
O Concello de Porriño colabora cunha achega valorada en 6.000 € para a Festa do Cabrito de Chenlo
O Concello de Porriño colabora coa XI edición da Festa do Cabrito de Chenlo que terá lugar o domingo día 4 de agosto. A achega, canalizada a través da Concellería de Festas que actualmente leva David Alonso, ten un valor de 6.000 euros e traducese na carpa, mil cadeiras e nas mesas que aporta o Concello de Porriño para a celebración do certame gastronómico