Desde esta mañá xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas económicas directas con cargo ao “Plan Porriño Impulsa” que dispón dun fondo de 140.000 € aportados polo Concello e pola Deputación. As bases e os impresos das solicitudes xa están dispoñibles na páxina web do Concello.
Un informe emitido polo Secretario Municipal respalda a decisión da Alcaldesa Eva García de non convocar un pleno extra solicitado polo PP. O informe do Secretario aprecia que a solicitude do PP non cumpre cos requisitos establecidos por lei.
O Concello do Porriño renovou a súa adhesión ao Programa Galego de Vixilancia e Control fronte a vespa velutina. Este programa é produto dun convenio creado no ano 2020 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para coordinar actuacións fronte a esta plaga.
A Alcaldía de O Porriño denegou a convocatoria de pleno extraordinario que ven de solicitar o grupo municipal do Partido Popular “ao non constar acreditada a autenticidade das firmas e a vontade dos concelleiros solicitantes”. Como consecuencia a solicitude de pleno “non ven correctamente firmada polo número necesario de concelleiros” (unha cuarta parte dos membros da corporación).
David Regades, delegado do consorcio Zona Franca entregou este mediodía, en presenza da alcaldesa, Eva Garcia, as chaves do local que acollerá a futura gardería infantil dos polígonos industriais da Granxa e das Gándaras.
A alcaldesa, Eva Garcia; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez acudiron esta mañá ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello do Porriño pola perda de Alvaro Cunqueiro, falecido onte aos 78 anos. Tamén esta tarde, unha delegación municipal acudirá ao funeral que se celebrará na igrexa de Santa María do Viso (18 horas).
A alcaldesa Eva Garcia autorizou hoxe á empresa “GOC Consultoría e Ingeniería” a executar as catas e sondaxes precisas para o proxecto de supresión do paso a nivel en O Porriño. Tratase do estudo xeo técnico a incluír no proxecto construtivo que acomete o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF). “GOC” foi a adxudicataria en unión temporal de empresas coa firma “Proínte” para a redacción do devandito proxecto. Segundo a documentación presentada pola adxudicataria, o obxectivo é determinar a estrutura xeolóxica dos terreos, tanto na área do paso a nivel a suprimir como ao longo dos posibles puntos onde sexa construída a nova estación do ferrocarril, xa sexa ao norte ou ao sur do Porriño. Actualmente, os redactores do proxecto están a valorar ata seis alternativas diferentes.
O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma "Soom Management", a explotación da Piscina Municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.
Este martes 6, a partir das 17 horas, retomarase o pleno ordinario que comezou o pasado mércores 31. A sesión será retomada no punto número 10 da orde do día. Exactamente no punto onde a sesión do mércores foi interrompida ao ordenar a alcaldesa un receso debido ao nivel de tensión que alcanzou. Como se pode verificar na gravación do Pleno que xa está cargado e dispoñible na Mediateca Municipal nesta mesma páxina web do Concello.
O Concello do Porriño , a través da Concellería de Festexos e a OMIX presentará este luns "A miña Avoa", unha iniciativa que vai poñer en marcha contando coa colaboración da Asociación de Comerciantes (Acipor), os Hostaleiros do Porriño (Ahospor), e os establecementos non asociados, durante os meses de abril e maio.A presentación terá lugar este luns, ás 13 horas, no salón de sesións do Concello.
Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.
Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.